O CONSELLO DE MINISTROS ANUNCIA QUE APROBOU O INCREMENTO DO 0,5% UGT SP RECRIMINAN AO GOBERNO A TARDANZA E INSUFICIENCIA

A UGT lembra ao Goberno que o abono desta contía, correspondente a 2024, chega con 18 meses de atraso, UGT Servizos Públicos mostra a súa satisfacción pola previsión de que o Consello de Ministros deste martes vaia a aprobar o abono do 0,5% pendente do 2024 para as persoas que traballan no emprego público.


A espera da súa publicación no BOE, UGT insta a todas as administracións, estatal, autonómica, xustiza, sanidade, ensino e local, a que proceda coa máxima dilixencia para proceder a facer o abono dos atrasos de 2024 do 0,5% con efectos retroactivos de 1 de xaneiro.

Con todo, o sindicato lembra que este compromiso chega con 18 meses de atraso e inciden, ademais, en que aínda queda pendente de cumprir unha parte importante do Acordo Marco para unha Administración do século XXI. Incumprimentos, menciona o sindicato, como a xubilación parcial, as 35 horas, clasificación profesional ou a mellora das retribucións do 2025.


Por todo iso, UGT Servizos públicos manten a reunión dos seus máximos responsables da función pública con CCOO prevista para o día 3 de xullo e a rolda de prensa conxunta, posterior á reunión, na que se dará conta do resultado de dita reunión.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.