O pasado 9 de decembro denunciamos publicamente que non se estaban a cubrir todas as baixas que se ían producindo no mes de decembro. Tristemente nestas datas, próximas a carnavais estase a repetir a situación.
Isto vai en contra do que recolle o Acordo subscrito pola Administración e as Organizacións Sindicais asinantes das que formamos parte. Non permitiremos que se cronifique a desatención do alumnado nas datas previas a pontes ou festivos. A administración parece manexar un calendario escolar ben diferente do que impón nos centros. Hai días lectivos de menos categoría?
Non cubrir todas as baixas vai en detrimento dunha atención de calidade ao alumnado por parte do profesorado que se ve desbordado. Os docentes, sempre cumpridores, e co sentido da responsabilidade que nos caracteriza suplimos na medida das nosas posibilidades as carencias de persoal, non imos ser pacientes coa merma de calidade que supón esta situación.
Esta situación require unha resposta urxente por parte da Administración tendo en conta o número importante de casos de Covid nas aulas galegas.