Sectores

Novo documento presentado pola Administración na Mesa Sectorial con incorporación de melloras

Novo documento presentado pola Administración na Mesa Sectorial coa seguinte incorporación de melloras:

  • Flexibilación do calendario de aplicación de redución de rateo.
  • Non se incrementará o número actual de alumnado nas aulas ao longo do período de aplicación.
  • Incorpórase a redución de rateos en Secundaria e Bacharelato, coincidindo co remate da aplicación do calendario en Infantil.
  • Engádese respecto ao cómputo doble o alumnado cun grado de dependencia I ou cun trastorno grave da conduta. E para o cómputo triple, a discapacidade recoñecida igual ou superior a 65%, un grao de dependencia II e III.
  • Comprométense á aplicación do Acordo de agrupamentos do 10 de xullo de 2009.
  • Auméntase o complemento dos órganos unipersoais a 60 €.
  • A función titorial pasa a incrementarse un 20% en dous anos a partir de xaneiro do 2025.
  • Concrétase a duplicación do importe das axudas por formación.

O MÁIS IMPORTANTE: introducción da redución do horario lectivo a 24 horas en Educación infantil e primaria.

Trala nosa intervención a Administración comprométese a mellorar os seguintes puntos do documento:

  1. Quedará reflexado que os repetidores computan a efectos de rateo.
  2. Os sexenios incrementaranse nun 20% aplicado en dous anos.
  3. O pago do 20% do complemento da función titorial iniciarase en xaneiro do 2024.
  4. A redución horaria pasará a ser un punto propio, incluíndo a redución de horario lectivo en educación infantil e primaria a 23 horas comprometéndose a abordar a redución en secundaria coa aplicación da xornada de 35 horas.

A Consellería quedou de enviarnos o luns novo documento coas modificacións anteriores para valorar a posible firma do mesmo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.