Sectores

Novidades na configuración do boletín informativo de avaliación de Educación Infantil

A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de anunciar as novas funcionalidades para a configuración na aplicación Xade do boletín informativo de avaliación do alumnado de Educación Infantil. Así, confírese a posibilidade de desmarcar criterios de avaliación e automatización da avaliación individual do alumnado ao cualificar a área de forma global.

A Xunta, no seu portal educativo, dispón dun tutorial explicativo cos pasos necesarios para configurar o boletín informativo de avaliación:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240311_configuracion_boletin_ei-xade_tutorial_explicativo.pdf
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.