Publicadas en DOG de hoxe as Resolucións dos tribunais dos seguintes procesos selectivos:
- Quenda de promoción interna, corpo administrativo da Administración xeral subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).
- Contido:
- Examinadas as alegacións presentadas polos/as aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas mediante a Resolución do 13 de setembro de 2021:
- Realizouse unha nova corrección respecto a un aspirante, que ve incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio,
- Desestimáronse na súa totalidade o resto das alegacións
- Publicar a nova puntuación obtida polo aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).
- Apertura de prazo para interpoñer recurso de alzada.
- Examinadas as alegacións presentadas polos/as aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas mediante a Resolución do 13 de setembro de 2021:
- Contido:
- Quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019.
- Contido:
- Recibidas alegacións ao respecto das puntuacións, detectouse un erro no proceso automático de lectura e corrección do primeiro exercicio, o tribunal solicitou á Función Pública a realización dunha nova corrección.
- Rectifícase a Resolución do tribunal do 10 de xuño de 2021, no referente ás puntuacións e publicar as puntuacións rectificadas de acordo coas correccións dos exercicios efectuadas.
- Apertura de prazo de alegacións con relación ás puntuacións: 10 días hábiles desde o seguinte ao de publicación desta Resolución no DOG.
- Prazo de presentación do certificado de Galego: as persoas aspirantes que non figuraban que tiñan superado o primeiro exercicio na publicación efectuada coa Resolución do 10 de xuño e que, logo da rectificación desta, resulta que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG
- Recibidas alegacións ao respecto das puntuacións, detectouse un erro no proceso automático de lectura e corrección do primeiro exercicio, o tribunal solicitou á Función Pública a realización dunha nova corrección.
- Contido:
Informa_t_resolucions_tribunais_PI_C1_e_PL_PI_Educadores_29_10_21.pdf