Sectores

Novas de procesos selectivos (xullo)


 

A Dirección Xeral da Función pública achegou por medio de correo electrónico ás OOSS, nota informativa pública referente aos procesos selectivos a realizar o 4 de xullo.

 

NOTA INFORMATIVA DE PROCESOS SELECTIVOS

Previsión de convocatorias de exercicios a desenvolver en xullo de 2021

A Disposición Adicional Segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG núm. 19, do 29 de xaneiro, faculta ao titular da consellería competente en materia de Función Pública, para establecer medidas especiais en materia de procesos selectivos ou de provisión derivadas da situación de emerxencia sanitaria.

Froito de dita habilitación, publícase a previsión das datas e lugares nos que esta previsto que se realicen os procesos selectivos que non puideron desenvolverse regularmente como consecuencia da pandemia ocasionada polo covid-19.

Ditos procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n – 36540 Silleda
  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Av. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo
  • SANTIAGO. Recinto Feiral de Amio. Rua de Amio s/n. 15890 Santiago

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

A celebración de ditos procesos conta coa autorización provisional de Saúde Pública que deberá ser confirmada pola autoridade sanitaria, en función da evolución epidemiolóxica da pandemia.

Proceso selectivo

Prazas convocadas

Nº. aspirantes

Data exercicio

Nº exercicio

Hora chamamento

Lugar

Pavillón

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

205

13.941

4.07.2021

8:45h/9:00/

9:15 h

16:15h/16:30/

16:45h

Silleda

1 e 2

Santiago (Amio)

1

Lugo (Expo Lugo)

1 e 2

Ordenanza. Grupo V.cat 003

3

805

4.07.2021

8:45h

16:15h

Silleda

1 e 2

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.