Sectores

Novas de procesos selectivos:


  • Primeiro exercicio auxiliares de clínica c2
  • Corrección de erros corpo xestión a2

QUENDAS DE PROMOCIÓN INTERNA E ACCESO LIBRE:

  • Proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2
    • 28 de marzo de 2021
    • En chamamento único que se iniciará, segundo a seguinte distribución:
      • Primeira quenda: ás 9.00 horas, de Gago Afonso, Catalina a Rúa Montero, José Alberto.
      • Segunda quenda: ás 16.30 horas, de Rúas Barrosa, Marieta a Fustes Restrebada, Rebeca.
    • O exercicio realizarase nos seguintes lugares, segundo a solicitude de participación no proceso:
      • Pavillón nº 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, para os aspirantes con domicilio nas provincias de:
        • A Coruña.
        • Pontevedra.
      • Pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para aspirantes con domicilio na provincia:
        • Lugo
      • Pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para aspirantes con domicilio:
        • Ourense
        • Outras comunidades autónomas.
        • Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
        • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.
        • As persoas aspirantes deberán cumprir, en todo momento, as normas anti COVID para procesos selectivos publicadas na páxina web da Dirección Xeral da Función pública.

CORRECCIÓN DE ERROS QUENDA DE ACCESO LIBRE, NO CORPO DE XESTIÓN DA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBGRUPO A2

Primeiro exercicio da oposición terá lugar: 27 de marzo de 2021 ás 9.00 horas

  • Pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia en Silleda (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Pontevedra e A Coruña: de Quijada Veiga, Ángel a Míguez Rodríguez, Mercedes)
  • Pavillóns 1 e 2 do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Lugo e A Coruña: de Millan Casteleiro, Mª del Carmen a Puñal Martínez, Miriam)
  • Pavillón 1 do recinto da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (aspirantes con domicilio na súa solicitude en Ourense e noutras comunidades autónomas).

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.