UGT-SP e o resto de participantes no Acordo de Interinos vimos de asinar unha addenda pola que a participación nas próximas oposicións non suporá novas incorporacións ás listas de substitucións.
En atención ó carácter excepcional do concurso-oposición que se convocará en aplicación do artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e vistas as reducidas posibilidades de traballar que terían os novos aspirantes, entendemos que esta addenda supón un exercicio de responsabilidade.
Accede aquí ó texto completo.