Sectores

Nova apertura de elaboración das listas de interinidades e substitucións en once especialidades dos corpos de secundaria e PTFP


Vénse de convocar un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590) e no corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591) nas seguintes once especialidades:

  • 590015 Portugués
  • 590109 Navegación e instalacións mariñas
  • 590111 Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos
  • 590112 Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica
  • 591204 Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble
  • 591205 Instalación e Mantemento de Equipamentos Térmicos e de Fluídos
  • 591209 Mantemento de Vehículos
  • 591210 Máquinas, Servizos e Produción
  • 591211 Mecanizado e Mantemento de Máquinas
  • 591217 Patronaxe e Confección
  • 591223 Produción de Artes Gráficas

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe mércores día 25 de xaneiro e remata o martes 31 de xaneiro de 2023, ambos incluídos.

A solicitude de inscrición deberá facerse exclusivamente a través da sede electrónica cubrindo o procedemento ED003A.

Podes consultar todos os requisitos na seguinte ligazón:

RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591). (código de procedemento ED003A).

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.