Sectores

Notificación ós interesados no recurso interposto. Orde 4 xuño 2020, pola que se convoca o acceso aos corpos Catedráticos


En Anuncio publicado no DOG de 31 de marzo, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos empraza os interesados no recurso de reposición interposto contra a Orde do 4 de xuño de 2020 (DOG do 22 de xuño) pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas. O citado recurso contencioso-administrativo tramítase como procedemento ordinario 8/2022 na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

No recurso de reposición, a persoa recorrente criticaba o anexo II da orde, no cal se recolle o baremo de méritos, en concreto a epígrafe II, relativa aos cursos de formación e perfeccionamento. As persoas interesadas poden á súa vez personarse e constituirse como parte no proceso xudicial indicado no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.