O pasado 16 de abril tivo lugar unha nova reunión da Comisión Negociadora do IX Convenio de Ensino e Formación non Regrada, co obxecto de continuar coa negociación do Convenio Colectivo.
Ante o escaso avance que houbo nos últimos meses, o banco patronal realizou unha nova proposta que incorpora asuntos como a contratación, a clasificación profesional, os cesamentos e os permisos entre outros.
Salientamos a nova proposta salarial na que se propón, só para o salario base, o seguinte escenario:
2020: conxelación
2021: 1% -1,5%
2022: 1,25% – 1,5%
FeSP-UGT valora este tímido avance na proposta patronal, pero non podemos aceptar a proposta salarial, xa que segue moi afastada da proposta presentada no seu momento por UGT, e que segue estando encima da mesa.
No noso Informa-t atoparás de xeito pormenorizado a nova proposta da patronal e a nosa valoración do escaso progreso das negociacións.