A UGT está a negociar con honradez o convenio coas seguinte condicións: Incrementos salariais homologables e realistas aos outros convenios de ensino privado. Solucionar o tema das horas complementarias. Outros sindicatos están a propoñer, por exemplo: Incrementos salariais do 100% Transformar pagos complementarios en salario. TRABALLADORES E TRABALLADORAS DAS AUTOESCOLAS QUE NON VOS ENGANEN CON PROPOSTAS IRREALIZABLES OU ILEGAIS!!! Se se asumen as propostas doutras organizacións sindicais verémonos nun procesos de extremada conflitividade que non levará a ningún resultado. A patronal nunca asumirá estes incrementos! Nun proceso negociador non se pode partir dun comportamento irregular en cobro de horas e branquealo nun convenio.
Sectores
Negociación Convenio Autoescolas

o máis lido

UGT Servizos Públicos
UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.