DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS
Os traballadores e traballadoras das Administracións e Servizos Públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, conscientes de que só a solidariedade entre todos os traballadores e traballadoras permitirá a consecución dun sistema xusto de convivencia e plenitude democrática.
DECLARAMOS
Que a Federación Nacional de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos é unha Organización de traballadores e traballadoras de inspiración socialista integrada na Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos e na Unión General de Trabajadores (UGT) de España das que asume os seus principios, afirmando que con isto sumamos o noso esforzo aos dos demais traballadores e traballadoras do país na súa loita por unha sociedade máis xusta e democrática, onde cese calquera tipo de explotación e garántase a dignidade, igualdade e liberdade das persoas e o pleno e libre desenvolvemento da personalidade humana fronte a todo tipo de opresión.
Descarga o documento na seguinte ligazón.