Sectores

Na próxima Mesa Sectorial: segunda orde de integración do profesorado técnico de formación profesional


O vindeiro xoves 15 de decembro reunirémonos en Mesa Sectorial para tratar o procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario entre outros temas.

Se estás interesad@, animámoste a revisar o borrador da Orde que rexirá este procedemento facilitada pola Consellería.

Ademais, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión.

Fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.