Dentro dos temas a tratar na próxima Mesa Sectorial de 22 de marzo atoparase, entre outros puntos, a ORDE pola que se convoca concurso para a selección da dirección dos centros docentes públicos. Podes consultar aquí o borrador ó respecto.
Tamén se iniciarán as negociacións da OPE da lei 20/2021.
Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Para iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.compostela@ugt-sp.ugt.org