XANEIRO · 1º PERÍODO de CAMBIO ORDINARIO (voluntario) de Entidade Santiaria para @s funcionari@s (carreira e en prácticas) que así voluntariamente o desexen.
Polo retraso na licitación este ano 2025 haberá dous prazos:
- 1º Prazo ordinario (en XANEIRO) para pasarse das Entidades Privadas (Adeslas, DKV, Asisa) á Seguridade Social (SERGAS)
- 2º Prazo ordinario (cando SE ASINE a NOVA LICITACIÓN) para pasarse da Seguridade Social (SERGAS) ás Entidades Privadas ou cambio entre estas (Entidades que suscriban o convenio da nova licitación)
Importante · Quen solicite o cambio a Seguridade Social no 1º prazo en xaneiro, poderá solicitar o cambio tamén ás Entidades Privadas no 2º prazo.
Procedemento e Información Completa
Importante · MUFACE asegura a prestación actual en idénticas condicións en calquera das Entidades Privadas (Adeslas, DKV, Asisa) ata o momento en que exista a nova cobertura trala nova licitación (aproximadamente finais de marzo).
Se algunha das Entidades Privadas actuais (Adeslas, DKV, Asisa) irregularmente non cumplira con esa obriga legal de continuación da prestación, MUFACE recomenda e anima a presentar a correspondente reclamación oficial por escrito ante a Entidade Privada pertinente. Tras esa xestión, en caso de resposta negativa ou non recibindo resposta, MUFACE recomenda e anima a poñer o caso en coñecemento da oficina provincial de MUFACE correspondente.
📍Sedes MUFACE en Galicia
UGT-SP seguimos vixiantes para que se garantice unha estabilidade sanitaria.
27/1/2025: MUFACE inicia o proceso para modificar condicións da segunda licitación do concerto sanitario
A Mutualidade iniciou o proceso para modificar condicións da segunda licitación do concerto de asistencia sanitaria nacional, deixando sen efecto o prazo de presentación de ofertas, que estaba previsto o 27 de xaneiro.
- A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado iniciou os trámites para modificar as condicións que recollen os pregos da segunda licitación do próximo Concerto de Asistencia Nacional de MUFACE, segundo prevé a Lei de Contratos do Sector Público.
- Esta retroacción, publicada na Plataforma de Contratación, supón deixar sen efecto o prazo de presentación de ofertas para o concerto, que expiraba o próximo 27 de xaneiro. Acordarase un novo prazo para a presentación de ofertas.
- Con independencia deste trámite, todos os mutualistas de MUFACE, tanto os titulares como os beneficiarios, van continuar recibindo a mesma asistencia sanitaria que gozan coas condicións actuais, en virtude das ordes de continuidade do servizo ditadas pola Mutualidade de acordo con o artigo 288 da Lei de Contratos do Sector Público.