Sectores

Modificación do Decreto de listas en tramitación


Remitiuse hoxe, pola DX de Función Pública ás OOSS o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A proposta de redacción é a seguinte:

«Artigo 12. Actualización de méritos:

A actualización de méritos realizarase anualmente de oficio pola Administración na data que se estableza mediante Resolución da dirección xeral competente en materia de función pública que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Nesta resolución darase publicidade á lista provisional, dispoñendo os interesados dun prazo de dez días para reclamar no caso de non estar conformes coa mesma».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O borrador está publicado no Portal de transparencia da Xunta de Galicia.

Prazo para remitir suxestións: 21/01/2022 – 31/01/2022.

Podes realizalas:

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.