Correccións:
Na páxina 39422, no punto primeiro, onde di:
«Así mesmo, e conforme o establecido na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 113, do 15 de xuño de 2023), para poder ser contratado para os postos das listas de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III e bombeiro/a forestal (14) do grupo V, que teñan establecido como requisito indispensable a proba física Pack Test, deberá superarse previamente esta proba de aptitude física»
Debe dicir: «Así mesmo, e conforme o establecido na relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 113, do 15 de xuño de 2023), para poder ser contratado para os postos que teñan establecido como requisito indispensable proba física Pack Test deberá superarse previamente esta proba de aptitude física».
E na páxina 39423, no punto primeiro, onde di:
«O resultado de non apto/a na proba física Pack Test terá como consecuencia que a persoa quedará en suspenso para os chamamentos dos postos que conten con este requisito indispensable das listas de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (100) do grupo III e bombeiro/a forestal (14) do grupo V ata o 1 de xaneiro do ano seguinte e non poderá ser contratada ou nomeada para estes postos».
Debe dicir: «O resultado de non apto/a na proba física Pack Test terá como consecuencia que a persoa quedará en suspenso para os chamamentos dos postos que conten con este requisito indispensable ata o 1 de xaneiro do ano seguinte e non poderá ser contratada ou nomeada para estes postos».