Sectores

Modificación da normativa sobre regulación das condicións e requisitos específicos dos centros de atención a persoas maiores


O pasado día 22 de xaneiro publicouse, en DOG, a Orde do 12 de xaneiro de 2021 pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais. Esta Orde contén:

  • Regulación do procedemento sobre reclamacións das persoas usuarias de servizos sociais e a presentación de determinada documentación que deben remitir as entidades prestadoras de servizos sociais, e que se dirixan á Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, dependente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.
  • Modificación da Orde do 18 de abril de 1996 pola que se desenvolve o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, no relativo á regulación das condicións e requisitos específicos que deben cumprir os centros de atención a persoas maiores, do que ao respecto de persoal, indica sobre os requisitos de recursos humanos das vivendas comunitarias:

Recursos humanos.

 Este tipo de alternativa convivencial deberá contar, como mínimo, coa figura dunha persoa encargada responsable da coordinación e organización do centro. En todo caso, garantirase a supervisión presencial das persoas usuarias durante as 24 horas.

 Cando na mesma edificación existan dúas ou máis vivendas comunitarias ou cando compartan determinados servizos ou zonas comúns a ratio mínima de persoal de atención directa a xornada completa será de 0,20 por persoa usuaria.

A Disposición derradeira terceira, do desenvolvemento da orde autoriza á Secretaría Xeral Técnica para ditar os actos e as instrucións necesarias para o seu desenvolvemento, motivo polo que UGT entende que a Relación de Postos de Traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en negociación pendente de rematar, debe ter en conta esta previsión normativa, aos efectos de contar co persoal suficiente de ATENCIÓN DIRECTA alí onde sexa obrigado ampliar para cumprir as ratios que a norma esixe, e polo tanto crear as prazas das categorías de atención directa necesarias, excluíndo ao Persoal de Servizos Xerais, para o computo de mesma.

 Enlace á publicación en DOG da Orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210122/AnuncioG0425-140121-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.