Sectores

Modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo: Orde reguladora procedemento para nomeamento como persoal funcionario

Publícase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de selectivos para o ingreso, pola modalidade específica de promosición do persoal laboral fixo convocado polas resolucións do Resolución do 6 de novembro de 2023:

  • Corpo superior da Administración xeral, subgrupo A1.
    • Categoría 04 (titulado/a superior) e categoría 19 (titulado/a superior especialista farmacéutico/a) do grupo I.
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de veterinarios, subgrupo A1
    • Categoría 05 (titulado/a superior veterinario/a) do grupo I
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, subgrupo A1
    • Categoría 06 (titulado/a superior psicólogo/a) do grupo I
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, subgrupo A1
    • Categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I
  • Corpo facultativo superior de Administración especial, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, subgrupo A1.
    • Categoría 37 (titulado/a superior ambiental) do grupo I.
  • Corpo de xestión da Administración xeral, subgrupo A2.
    • Categoría 07 (titulado/a de grao medio) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de técnicos facultativos, especialidade de traballo social, subgrupo A2.
    • Categoría 17 (asistente/a social) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de técnicos facultativos, especialidade de terapia ocupacional, subgrupo A2
    • Categoría 20 (terapeuta ocupacional) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala técnica de restauración, especialidade de documentos gráficos, subgrupo A2.
    • Categoría 31 (restaurador/a) do grupo II.
  • Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, subgrupo A2.
    • Categoría 41 (técnico/a ambiental) do grupo II.
  • Corpo administrativo da Administración xeral, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade, subgrupo C1.
    • Categoría 49 (axente auxiliar de inspección de transportes) do grupo III.
  • Corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1
    • Categoría 02 (encargado/a administrativo/a…) e categoría 62 (oficial/a 1ª administrativo/a) do grupo III.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal de limpeza e cociña, especialidade de persoal de limpeza e cociña.
    • Categoría 01 (camareiro/a limpador/a…) do grupo V.
  • Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral, escala de persoal subalterno.
    • Categoría 03 (ordenanza, celador…) do grupo V.

Prazos:

  • Para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico:
    • A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo.
    • Os efectos administrativos da sinatura deste acordo de extinción serán do 30/09/2024.
    • A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
  • Para o cambio do vínculo xurídico coa Administración:
    • A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de outubro de 2024.
  • Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto:
    • No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.
    • Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.
    • Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Efectos do incumprimento dos prazos:

  • Agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Excedencias:

  • O/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Compatibilidades:

  • As persoas que teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.

Mantemento das interinidades:

  • Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Reducións de xornada:

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.