O 6 de xullo mobilizate! Hai que garantir o poder adquisitivo dos salarios


Baixo o lema “SALARIO OU CONFLITO”, UGT, xunto con CCOO, convocan mobilizacións o vindeiro día 6 de xullo en todo o Estado para reclamar á patronal o desbloqueo da negociación colectiva e a suba dos salarios.


Concretamente, en Galicia, están convocadas dúas concentracións, ás 12.00 horas, fronte ás sedes das confederacións de empresarios en:

Vigo (Avenida García Barbón, 104)

A Coruña (Praza Luís Seoane)

 

As empresas continúan repercutindo a subida do IPC aos prezos dos seus produtos cargando todo o peso da inflación na cidadanía, aproveitando a alza para elevar tamén a marxe de beneficio por unidade produtiva, provocando con iso un forte efecto de segunda rolda tanto na inflación subxacente, 5,5%, como na xeral, 10,2%.

 

Ante esta situación, temos que seguir mobilizando para conseguir que os convenios garantan o poder adquisitivo dos salarios coas imprescindibles cláusulas de garantía salarial.

 

Desde UGT imos dar a batalla para garantir o poder adquisitivo dos salarios.

 

Tivemos unha gran mobilización o 9 de xuño en Madrid, agora toca saír á rúa de novo en todas as comunidades autónomas o 6 de xullo.

 

As patronais teñen que saber que seguiremos apoiando o número considerable de folgas e conflitos sectoriais e de empresas ao longo e ancho do país, motivados pola cerrazón e avaricia do empresariado, en defensa dos nosos convenios colectivos e dos nosos salarios.

 

PORQUE SE NON HAI SUBIDA SALARIAL POLA VÍA DA NEGOCIACIÓN E DO ACORDO, HABERÁ CONFLITO!

 

Descarga o Manifesto

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.