Sectores

Mobilizacións no ensino esixindo un novo protocolo sobre a COVID-19


 

Os sindicatos educativos anunciaron en rolda de prensa o inicio dun calendario de mobilizacións en Santiago de Compostela para evidenciar o seu rexeitamento ao protocolo de adaptación escolar á  COVID-19 proposto pola Xunta de Galicia.O 22 e 28 de xullo haberá cacerolada en San Caetano para solicitar que se retire este proxecto e se negocie un novo cos representantes dos traballadores.

Precisamente esa negativa da Xunta a negociar foi o que propiciou que os sindicatos UGT, CCOO; CIG e ANPE, se levantaran o xoves da Mesa Sectorial.

A secretaria do sector de Ensino de FeSP-UGT, Paula Carreiro, destacou que «esto é un problema social do que a Xunta está a desvincularase  totalmente e está deixando a mercé da sorte o que vaia a suceder, que non é só nos centros, é algo que repercute en toda a sociedade». Ademais referiuse a os centros de educación especial ou especialidades concretas como música ou educación física, que carecen de protocolos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.