ÁREAS

Minerva nº 2. Sindicalizar a Igualdade


 

O desenvolvemento reglamentario dos Reais Decretos RD 901/2020 e RD 901/2020 teñen como obxectivo dotar dos instrumentos para avanzar nunha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. Para a súa aprobación, os sindicatos UGT e CCOO participamos na Mesa de Diálogo Social, na que se acadou un Acordo Marco coas Ministras de Igualdade y de Traballo, aínda que non se obtivo o visto bo dos representantes da patronal, CEOE e CEPYME. Este acordo proporciónanos un excelente instrumento de negociación de igualdade, pero como sempre sinalamos, é preciso dotar de orzamentos para contar con recursos suficientes para a súa implementación.

 

A continuación imos a detallar os apartados máis significativos dos Decretos:

 

Real Decreto 901/2020:

 

  • As empresas deberán iniciar o procedimento de negociación dos seus plans de igualdade mediante a constitución dunha comisión negociadora, dentro do prazo máximo dos tres meses seguintes ao momento no que alcanzasen as personas de plantilla que o fan obrigatorio e como máximo no prazo dun ano debe estar aprobado e presentada a solicitude de rexistro.
  • O plan deberá ser rexistrado e incluir os salarios desglosados de toda a plantilla, incluída o persoal directivo e altos cargos.
  • Na solicitude de inscrición dos plans de igualdade, estos terán que ir acompañados da folla estatística recollida no correspondente modelo establecido no Real Decreto 713/2010, de 28 de maio.
  • Os plans de igualdade vixentes deberán adaptarse –previo proceso negociador– nun prazo máximo dun ano.

 

Real Decreto 902/2020:

Para facer especifico o dereito á igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres, en materia retributiva, introduce os seguintes instrumentos:

 

  • Os rexistros retributivos. Todas as empresas deben ter un rexistro retributivo de toda a súa plantilla no que se deberá incluir os valores medios dos salarios, os complementos salariais e as percepcións extra salariais da plantilla desagregados por sexo e distribuídos por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo iguais ou rexistro de igual valor.
  • A auditoría retributiva- Que se adxuntara aos plans de igualdade coa información necesaria para comprobar si o sistema retributivo da empresa, de maneira transversal e completa, cumple coa aplicación efectiva do principio de igualdade entre homes e mulleres en materia de retribución.
  • Valoración de postos de traballo. As mesas negociadoras de convenios, terán que garantir que os factores e condicións concurrentes nos grupos e niveis profesionais respeten o principio de igual retribución para postos de igual valor.
  • Información ás persoas traballadoras cando non exista representación legal das persoas traballadoras, facilitarase ao trabajador as diferencias porcentuais existentes nas retribucións promediadas de homes e mulleres, tamén desglosado en atención á natureza da retribución e o sistema de calificación aplicable.

 

 

                                                          ACCEDE AQUÍ

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.