O vindeiro venres 14 de novembro fomos convocadas/os a MXEP e MSPFP co obxecto de tratar os seguintes asuntos:
Mesa Xeral persoal empregado público
Anteproxecto de Decreto, polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do Persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia e da avaliación do desempeño
Borrador Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I,II e III do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral
Mesa Sectorial persoal funcionario público
Borrador Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario
