Sectores

Mesa Xeral Orzamentos 2022 e Lei de Medidas en Materia de Persoal 2023


1.- Orzamentos. Incremento masa salarial 2023

Comeza a Directora xeral de Orzamentos cun resumo que sitúa o Capítulo I de gastos de persoal en 4.593,5 millóns de euros, o 36,4% do total do gasto non financeiro, cun incremento sobre os gastos de persoal de 2022 de 266,12 millóns que supoñen un incremento do 6,1%.

Dá cumprimento o Acordo estatal o que significa que a comparativa entre cada concepto retributivo de orzamentos 2022 e de orzamentos 2023 reflectira un 6% (3,5% de 2022 e 2,5% de 2023) en nóminas de xaneiro de 2023, tamén se garantirán os incrementos adicionais de 2023 que poden chegar a outro 1%, e así se reflicte no Titulo II dos Orzamentos.

No Sergas o Capítulo I increméntase o 5,6% (108 millóns) para atender os incrementos xerais, novas prazas, plan de primaria, saúde mental, formación especializada e carreira profesional.

En Educación contempla a integración de profesorado técnico de Formación Profesional.

En Xustiza contempla a creación de 24 prazas en Xulgado de Primeira Instancia de Coruña, Lugo e Vigo, e a dotación do complemento de carreira (2 millóns).

Para persoal funcionario e laboral a dotación de carreira profesional e complemento de desempeño é de 22,5 millóns. Dótase tamén o abono de trienios e carreira no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Activarase con fondos estatais o programa de Orientadores. Dótase o pase de 9 a 12 meses de persoal de incendios e a creación dunha brigada helitransportada.

UGT considera que a transposición do Acordo estatal en materia de recuperación de poder adquisitivo debe acompañarse doutras partes do Acordo como a taxa extraordinaria nas ofertas ordinarias de emprego, o levantamento da suspensión de Acordos e Pactos (Ensino público e concertado, Sergas, e persoal funcionario e laboral), xa que si o Acordo proclama acabar cos recortes estatais de 2012 tamén debería rematar os aplicados en Galicia co a Lei 1/2012. Tampouco se avanza en homologar a xornada laboral coas 35 horas semanais da maioría de administracións autonómicas, mantense conxelado o Fondo de Acción Social e se axuda a todos os sectores nos que impacta a suba do combustible, pero non se revisan as indemnizacións por razón de servizo par axudar as persoas empregadas públicas a amortecer o incremento de gasto por desprazamento. Observamos que en materia de contratación, e derivado da Lei 20/2021 multiplícanse os informes, controis e autorizacións.

UGT Servizos Públicos empraza a restituír dereitos como o complemento de carreira que a maiores do incremento salarial básico estatal, aportaría incrementos adicionais de tal xeito que o incremento final de 2022 sería o mínimo de entre o 7,5 e o 8%, coa proposta actual que o sindicato rexeita e espera mellorar significativamente.

2.- Lei de medidas en materia de persoal 2023

O DXFP anuncia as alegacións estimadas e que o longo da próxima semana se seguirá tratando sobre algunha alegación máis.

UGT valora moi escasa a estimación de alegacións, polo que mantén vivo o texto de alegacións remitido e a modo de resumo incide nas máis significativas:

  • Reducir período de proba e que sexa idéntico para persoal funcionario interinos e persoal laboral temporal.

  • 50% de prazas a promoción interna separada e 50% de chamamentos a promoción interna temporal con adscrición provisional e reserva de praza, co limite temporal de 3 anos e dende unha lista baremada, previa negociación sindical.

  • Concurso xeral de traslados previo a toma posesión ofertas Lei 20/2021 e dende ese momento Concurso aberto e permanente de traslados.

  • Modificación de unidades electorais do artigo 155 en base o acordo dos catro sindicatos da Mesa xeral.

  • Lista de contratación de categorías de difícil cobertura por agrupación de municipios con isócronas próximas, non de ámbito provincial.

  • Que se estuden as alegacións sobre escalas (policía demanial, xefes de brigada…), que se atendan as alegacións a escala de Recursos Naturais.

  • Solicitar a derrogación dos recortes da Lei 1/2012.

  • En xornada, insistir nas 35 horas.

  • Recuperación do FAS.

INFORMA-T

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.