Sectores

Mesa xeral ordinaria persoal empregado pùblico

 

Proposta de resolucións de convocatoria dos procesos de funcionarización varias categorías dos grupos IV e V

Tivéronse en conta algunhas das alegacións formuladas por UGT, coa incorporación de dúas persoas do Grupo V categoría que non foron incluídas por erro no borrador achegado. Non se aceptaron as alegacións presentadas ao respecto da inclusión doutras persoas en categorías distintas ás propostas, por non desenvolver tarefas acreditativas do cambio solicitado.

Varios:

Neste punto o DXFP comentou determinados aspectos e deu resposta a algunhas das consultas realizadas por este o sindicato:

  • Procesos selectivos pendentes.
    • O mércores da semana que ven, agardando contar xa con todas as autorizacións de Saúde Pública, procederase a realizar as respectivas convocatorias para a súa celebración antes do mes de agosto de 2021.
  • Fondo de Acción Social. A semana do 17 de maio publicarase no DOG.
  • Concurso de traslados corpos xerais:
    • É posible que este mes de maio se publique a baremación provisional.
  • Elección destino BBFF.
    • A elección de destino realizarase no mes de maio. A previsión é a publicación no DOG, durante a semana do 24 de maio. A partir de aí, 3 días para o envío do código de acceso e despois 10 días de elección de destino. A continuación publicarase a resolución definitiva da elección no DOG, sempre antes da toma efectiva de posesión dos postos. Esta toma de posesión está fixada no 1 de outubro de 2021.
    • Ofertarase:
      • Cat IV-33, V10-B V10-C e V-14A:
        • Todas as vacantes puras
        • Todas as prazas ocupadas por adscrición temporal ou superior categoría
        • As prazas ocupadas temporalmente desde o 01/01/18 ata a actualidade
        • As ocupadas desde o 01/01/15 ao 01/01/18.
        • As anteriores a 31/12/14 non sairán
      • Cat V-14:
        • Vacantes puras
      • Os posibles casos de afectados en adscrición de 9 en 12 meses, analizarase a solución e realizaranse as modificacións correspondentes.
    • Elección destino enxeñerías:
      • Agronómica-Agrícola, Montes-Forestal, Camiños-OOPP e Subinspección Urbanística. Publicaranse as prazas definitivas ao longo do mes de maio de 2021, para despois proceder á súa toma de posesión.
      • Elección destino Informáticos A1, tanto PI coma Libre, previsible publicación a partir do mes de xuño de 2021, con posterioridade sairá A2.
    • Máscaras.
      • Indicóusenos que xa están en tramitación en distintas consellerías, para achegar unha nova remesa. Sen data confirmada de entrega.
    • Vacinación.
      • A Xunta de Galicia segue a aplicar estritamente o establecido na Estratexia Nacional de Vacinación, de acordo aos criterios fixados polo Ministerio no Consello Interterritorial de Saúde, pese a que se recoñece que outras CCAA estableceron excepcións a estes criterios vacinando a outros colectivos non incluídos na EVN.
      • A semana que ven vacinarase a menores de 60 anos.
      • Pendentes do que decida o Comité Clínico, a efectos de saber se hai continuidade ou non da aplicación do teletraballo por circunstancias especiais, establecido na disposición 5ª da Resolución de Teletraballo.
    • RPTs funcionarización.
      • Está prevista a entrega ás OOSS para a súa negociación, nos meses de maio e xuño. A toma de posesión dos procesos de funcionarización celebrados realizarase no mes de xullo de 2021.
    • RPT AGACAL.
      • Está bastante avanzada e traerase proximamente a negociación en Mesa Xeral.
    • Informe da Consellería de Educación ao respecto da habilitación dos TEXI no CGSIB.
      • Facilitarán en breve esta información ás OOSS para poder ir preparando a respectiva convocatoria.

Comisón de Persoal, o vindeiro mércores 12 de maio de 2021.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.