Sectores

Mesa Xeral Ordinaria (01/07/2024)

Hoxe tivo lugar a Mesa Xeral ordinaria, na que se trataron as seguintes cuestións:

PROPOSTA DE PROTOCOLO DA XUNTA DE GALICIA PARA A PROTECCIÓN ÁS PERSOAS EMPREGADAS PÚBLICAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO:

A Directora Xeral comentou que se trata dun documento aprobado na Comisión de seguimento do Plan de Igualdade e que debe pasar, en todo caso, pola Mesa Xeral. O Protocolo será de aplicación ao persoal da administración xeral e das entidades instrumentais do 45.a da LOFAXGA. Regula o procedemento e as garantías de confindecialidade, intimidade e protección de datos, así como as actuacións a realizar no prazo, como máximo, de 48 horas ante a situacións de violencia de xénero.

Contempla tamén medidas de carácter informativos, asistenciais, de sensibilización e formación para protección das vítimas e promover a cultura da tolerancia cero coa violencia de xénero. Contemplase tamén as funcions de seguimento e Comisión o efecto.

Entre as medidas que recolle están:

  • Cambio do posto de traballo.
  • Posibilidade de redución da xornada.
  • Horario flexible por razón de conciliación da vida persoal e familiar.
  • Posibilidade do teletraballo.
  • Todo o  proceso de comunicación da situación de violencia de xénero, dotado das medidas necesarias para garantir a confidencialidade da vítima.

O protocolo foi traballado na Comisión de seguimento do plan de igualdade, introducíronse moitas das alegacións que foron formuladas por esta organización, mellorouse o texto final coa nova redacción desta última versión e polo tanto non hai máis que engadir.

ROGOS E PREGUNTAS:

  • Funcionarización do persoal laboral veterinario que ten superado proceso e está en destino provisional?
    • DXEPAP: a funcionarización será previa ao proceso de estabilización.
  • Problemática da entrega de roupa de traballo ao persoal da Consellería de Educación?
    • Responde a Consellería de Educación que non teñen constancia que exista esta problemática a nivel xeral, non obstante compromete a remisión ás unidades de persoal dos departamentos territoriais para que lle fagan chegar ás direccións dos centros a necesidade de cumprir coa previsión convencional que recolle o dereito das persoas traballadoras a recibir a roupa da súa categoría, e instan a que si existe algún problema puntual se lles faga chegar para tomar as medidas oportunas ao respecto.
  • Toma de posesión do persoal laboral da promoción específica?
    • DXEPAP: para que poda ter lugar teñen que estar todos os postos funcionarizados a través das oportunas modificacións de RPT, en canto así sexa tomarán posesión.
  • Acordo de condicións de traballo do persoal do SPIF, cando vai ao Consello da Xunta e se publica?
    • Responde a Consellería do Medio Rural informando que, unha vez cumpridos todos os trámites pendentes, está previsto que pase por Consello da Xunta este mes e a continuación publicarase en DOG.
  • Xuntanza da Comisión de seguimento do Acordo de Política Social?.
    • DXEPAP: están traballando no documento de criterios que teñen que presentar, logo das alegacións que fixemos as OOSS.
  • O persoal temporal e interino que está en vacante, moito del está pendente de rematar os 3 anos de contrato, van a continuar?
    • DXEPAP: con respecto a si se van a producir ceses a partir do 8 de xullo, informa que se procederá consonte ao artigo 10.4 da Lei 20/21.
  • Baremo provisional do A2 da Lei 20, constatamos que hai erros no baremo provisional, posto que non se valoraron os exames superados, vaino facer a Administración de oficio?.
    • DXEPAP: comunica que ao igual que no caso do A1, procederase a realizar as correccións e modificacións dos baremos.
  • Carreira profesional: hai solicitudes pendentes de recoñecemento?
    • Informa o subdirector que hai solicitudes pendentes, que están traballando para poder fiscalizar os expedientes ao longo deste mes de xullo.
  • Persoal en adscrición provisional que está pendente da funcionarización das súas prazas, non saen publicadas para poder renovar as adscricións, vanse a prolongar ata a funcionarización?
    • DXEPAP: o previsto era que pasasen a comisións de servizos o 1 de xullo, co que considera deben ser prorrogadas.
  • Contratacións do persoal investigador das fundacións sanitarias, dado que a paralización das  mesmas inflúe no desenvolvemento dos distintos proxectos de investigación?
    • DXEPAP: informa que están traballando coas fundacións para que se poidan realizar as contratacións que están pendentes.
  • Está prevista a devolución de taxas de solicitudes incorrectas de inclusión en procesos selectivos da Lei 20?
    • Sen resposta
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.