Sectores

Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (19.01.2026)

ORDE DO DÍA

Propostas de Resolución pola que se convocan os procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada e nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

UGT entende que se produce unha “autoemenda” por parte da Administración, que ratifica e recoñece formalmente pola via da excepcionalidade destas duas propostas que veñen amparadas pola Disposición adicional terceira.3) da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG número 252, do 31 de decembro), que ditas prazas incorporadas a oferta de emprego da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, deberían ter sido obxecto das convocatorias da referida lei. Así o defendeu e demandou UGT, que espera que todas as controversias e inseguridades xurídicas derivadas de que non hai firmeza en pronunciamento xudiciais poidan quedar disipadas e non xurdan outras novas.

A esta iniciativa por vía legal unilateral dun grupo político que se desenvolve con estas  propostas, ningún sindicato presentou alegacións, en todo caso, UGT instou a que se fose coherente coa vía excepcional e se respectasen as porcentaxes e puntuacións nas valoracións dos méritos aplicadas no proceso de estabilización da lei 20/2021.

ORDE DO DÍA

1.- Propostas de Resolución pola que se convocan os procesos selectivos, mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso polo quenda de acceso libre e promocion interna no corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro forestal Xefe de brigada e no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade Bombeiro/a forestal.

UGT defende que a promoción interna á especialidade de Bombeiro forestal Xefe de brigada en tanto en canto non está desenvolvido o grupo B esté aberta ao subgrupo C2, sempre que as persoas aspirantes posuan a titulación requirida.

Solicitamos nas probas físicas a calificación de apto/a ou non apto/a, non concordamos coa calificación por tramos e consideramos que o primiero exame non deberia ser convocado antes dos seis meses logo da súa publicación oficial, presentaremos alegacións en prazo.

2.- Proposta de Modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística

Trátase dunha recodificación das prazas dos postos de traballo do IGE motivada polo cambio de adscrición do organismo á Oficina de Coordinación Económica da Presidencia. Tamén se crea unha praza do corpo superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatística para ofertar na toma de posesión do último proceso selectivo.

3.- Proposta de Modificación da RPT da Consellería do Mar

Trátase dunha de modificación de postos co obxecto de posibilitar o nomeamento como persoal funcionario de carreira de tres persoas aspirantes (unha da especialidade de Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas e dúas da de Navegación Marítima).

Solicitamos información detallada das modificacións, que non foi proporcionada na memoria funcional presentada. Fixemos notar igualmente o feito de que esta modificación proposta non foi negociada previamente coas organizacións sindicais e a Conselleria do Mar.

4.- ASUNTOS VARIOS

Pago de atrasos do Acordo Marco estatal e do Acordo de carreira extraordinaria

Se informa que a diferencia de ingresos do 15 de xaneiro se corresponde coa diferencia entre a nómina definitiva e a ingresada en decembro de 2025, e inclúe a actualización salarial. Tamén inclúe as cantidades correspondentes á carreira profesional, complemento do desempeño das solicitudes estimadas no FIDES antes do 8 de decembro de 2025. Eses importes serán os que se comuniquen á AEAT como retribucións do 2025 para o cumprimento das obrigas tributarias.

Dita actualización deriva do Real Decreto-lei 14/2025, que aplica o Acordo Marco estatal, e do Acordo de carreira extraordinaria e ordinaria, ambos asinados por UGT.

O complemento de carreira ou de desempeño, con estimación da solicitude a partir do día 8 de decembro, se abonaran na nómina de xaneiro. UGT SP  espera que se cumpra co Acordo e se incorpore igualmente á certificación fiscal 2025 evitando desigualdades de trato derivadas obrigas fiscais, nun incremento que debe ser nas mesmas condicións por grupo de clasificación. Esperamos que se confirme así se confirme.

Cronograma procesos de concurso

Se nos informa do seguinte cronograma, a executarse nos próximos meses:

  • Baremación definitiva concurso corpos xerais 
  • Baremo provisional escala facultativos servizos sociais
  • Bases concurso traslados PSX, Auxiliares coidadores, Xerocultores, educadores infantis
  • Bases concurso Estatisticos e Lingüístas
Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.