Onte tiveron lugar as reunións de Mesa Xeral e Comisión de Persoal, nas que se trataron as seguintes cuestións:
MODIFICACIÓN DA RPT FUNCIONARIZACIÓN DO GRUPO B E SUBGRUPOS C1 E C2
Proponse pola Administración a funcionarización dos seguintes postos, dos que 167 pasan a formar parte da oferta no concurso de traslados de corpos xerais, de próxima convocatoria:
Denominaciónposto | Númerodeefectivos |
AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A (C2-14) | 2 |
AXUDANTE/A ADMINISTRACIÓN (C1-16) | 1 |
DELINEANTE (C1-18) | 3 |
ESPECIALISTA XARDÍN INFANCIA (C1-18) | 1 |
OPERADOR/A DE ORDENADOR (C1-18) | 30 |
POSTO BASE SUBGRUPO C1 (C1-14) | 13 |
POSTO BASE SUBGRUPO C2 (C2-12) | 146 |
POSTO BASE SUBGRUPO C2 (CANCRO DE MAMA) (C2-12) | 7 |
PROGRAMADOR/A (C1-20) | 4 |
Númerototal | 207 |
Voto emitido en Comisión de Persoal:
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: abstención
Sentido do voto de UGT:
Trátase da 6ª RPT de funcionarización voluntaria consecuencia do Acordo de concertación do emprego público de Galicia, asinado por UGT, que supón, como nas anteriores, a posibilidade de incrementar a súa retribución, cun custo adicional en nóminas para a Administración de 215.897,32€, sen aplicación de complementos de funcionarización a ningún posto.
ROGOS E PREGUNTAS:
Información facilitada por Función Pública:
- Procesos selectivos:
- Están remitidos os buzóns para a toma de posesión dos subgrupos C1 e C2.
- Notas do segundo exercicio de A1 previsto publicar no mes de xuño.
- Notas do segundo exercicio de A2 previsto publicar antes do 15 de maio.
- Discapacidade intelectual: sobre o destino definitivo recoñecen que se trata dun tema sensible e traballan sobre os postos a ofertar. En próximos días sairán as notas dos procesos de auxiliar administrativo e da agrupación profesional.
- Funcionarización:
- Están rematando a RPT dos grupos III e IV que traerán á negociación nas vindeiras semanas.
- Concursos de traslados:
- En trámite: Axentes Medioambientais, Persoal do SPIF, Gardacostas, Consumo e varias escalas de Administración especial.
- Administración xeral: incorporadas as 164 prazas de funcionarización aprobadas hoxe. Previsto publicar o buzón definitivo na entorna do 15 de maio.
- Escalas de Política Social:
- Prevista negociación da RPT do CGSIB nas vindeiras semanas. Cando se aprobe convocaranse os concursos das escalas de Política Social.
- Afirman que todos os concursos estarán resoltos entre este ano e o ano que ven, co que sería posible afrontar os concursos con carácter anual.
- Procesos Lei 20/2021:
- Están baremadas 19 escalas de A1, ao longo do mes de maio publicaranse os baremos provisionais, posiblemente algunha escala máis, están validando o A2.
- Na baremación da formación, indican que son moitas as persoas que teñen entre 80 e 100 entradas de datos de formación, co que para este procedemento ao acadar a puntuación máxima só se lles valorará ata o límite máximo.
- Prevén ter todo publicado en provisional antes do mes de agosto (210 procesos)
- Alí onde sexa posible, por estar resolto o concurso de traslados, as tomas de posesión serán en definitivo, se non serán en provisional a expensas de remate dos concursos.
- Integración do CGSIB:
- Remitida documentación ás OOSS, para reunión da Comisión de integración canto antes.
- Prazas de Augas de Galicia, de persoas non integradas, incluídas no buzón do concurso de corpos xerais:
- A pregunta de UGT ao respecto, a DXFP responde que se retirarán de igual xeito que se fixo nos concursos de especiais.
- OPE 2024:
- Está prevista a súa negociación logo do verán.
Na Mesa Xeral consecuencia dos cambios no Goberno, tivo lugar a despedida de José María Barreiro Díaz, logo de dezaseis anos ao fronte da Dirección Xeral da Función Pública, e a presentación de Nuria Aguilar Vázquez, como Directora xeral de emprego público e administración de persoal. Agradecemos o traballo do saínte e esperamos diálogo e negociación da entrante para seguir acadando melloras en salarios, dereitos e emprego, tan merecidas e xustas para as persoas empregadas públicas da AXXG.