Sectores

Mesa Xeral e Comisión de Persoal

Os pasados días 13 e 19 tivo lugar reunións de Mesa Xeral e Comisión de Persoal, nas que se trataron as seguintes cuestións:

MODIFICACIÓN DA RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DO C1 DA ADMON. XERAL:

Tratase dunha revisión/modificación da resolución sobre a RPT de funcionarización, do mes de agosto pasado, para dar cumprimento a unha sentenza de reclasificación en corpo administrativo C1, da escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: abstención.

Sentido do voto de UGT:

Adecúase a unha sentenza de reclasificación que implica esta revisión/modificación, e polo tanto considerámola correcta.

MODIFICACIÓN DA RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DOS SUBGRUPOS A1, E C2:

Clasifícanse 11 postos, 8 do A1 e 3 do C2. A funcionarización de 2 postos 1 do A1 e 1 C2, que teñen posibilidade de cambio de vínculo xurídico. Estas RPT de clasificación/equivalencia garanten as retribucións e supoñen incrementos entre 0,45 e 542,86€, ademais en 5 dos 11 postos a diferencia retributiva é superior a 400€, o que supón o 45,45% dos postos ten esa diferencia superior aos 400€.

UGT: a favor. CIG: en contra. CCOO: a favor. CSIF: en contra.

Sentido do voto de UGT:

Cómprese escrupulosamente o acordado con esta organización sindical ao obxecto de proceder de dar efectividade as garantías económicas e de condicións de traballo nas RPT de clasificación/equivalencia entre o posto laboral de orixe e o posto funcionarizado.

É de sinalar que tal e como se indica na memoria funcional, procederase nun momento posterior á clasificación completa dos postos que agora se funcionarizan, así como á idoneidade ou non do mantemento das denominacións actuais, reclamamos que se realice á maior brevidade posible. Plásmase así, a posibilidade de revisión da RPT, que como nas sete precedentes, defende e acordou este sindicato.

ROGOS E PREGUNTAS:

  • Concursos específicos:
    • Están analizando coas consellerías como se poden organizar, dado que son elas as que teñen que convocar.
  • Concursos escalas de Política Social e RPT Consorcio:
    • Están traballando na RPT do Consorcio, unha vez que a teñan convocaranse.
  • Persoal coidador laboral, ocupación de postos funcionarizados:
    • Como a categoría aínda non se funcionarizou, as persoas laborais fixas si poden acceder como adscripción a posto de funcionario, as persoas laborais temporais que estaban en adscripción temporal, volveron ao seu posto orixinario, non poden ocupar posto de funcionario.
  • Elección de destino 21 montes y forestales, para cuando?
    • Falta a baremación, en canto se faga darase elección de destino (non aclaran data).
  • Lei 20/2021 sobre a súa execución?
    • Ao longo do mes de setembro e outubro iranse publicando as listaxes dos subgrupos que faltan.
    • A previsión é cumprir co mandato legal de ter rematados os procesos a 31/12/24.
    • Sobre as posibilidade de que unha persoa se teña aprobado a máis dunha praza, tanto en Administración xeral como en Entes, cotexaranse as listaxes definitivas e só poderán, como establece a norma, tomar posesión dunha praza.
  • Carreira profesional acceso ao grado 3 en segundo semestre e acceso ordinario?
    • Están en tempo para iniciar a negociación, tal e como se indica no acordo.
  • Solicitamos información sobre as contratacións de persoal investigador nas fundaciónssanitarias, das que requirimos saber:
    • Estase traballando na simplificación do proceso de contratación (non pode ser que para un contrato de 6 meses, se tarden 5 no procedemento administrativo de contratación)?
      • Informan en Comisión que se están autorizando contratos.
    • Teñen os datos do persoal investigador por centro susceptible de aplicación do proceso de estabilización comprometido no decreto de investigadores?
      • Sen resposta.
    • Tense avanzado algo na homoxeneización dos convenios colectivos das distintas fundacións?
      • Sen resposta.
  • Teletraballo: datos, resume de concesións, xornadas a dotación de material ás persoas queexercen o seu dereito a teletraballo
    • Analizarán os datos que se poden dar aos non asinantes do acordo.
  • Auxiliares de enfermería:
    • Anuncian que proximamente publicarase a elección de destino.
  • Temarios non adaptados á normativa en vigor:
    • Preguntamos que teñen pensado facer cos temarios de procesos selectivos que non foron adaptados ás normas en vixencia, en concreto aqueles que fan referencia ao Decreto lexislativo 2/2015, Texto refundido das disposicións legais en materia de igualdade e que foi derrogado pola Lei 7/2023, de Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia. Presentaremos escrito de solicitude co obxecto de que sexan retirados aqueles temas que fan referencia á norma derrogada, tal e como se infire das propias bases das convocatorias.
      • Din que revisarán as normas de dereito positivo e que se publicarán os cambios, de ser o caso.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.