Sectores

Mesa Xeral de Empregados Públicos (14.06.2024)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ven de convocarnos á Mesa Xeral de Empregados Públicos para o vindeiro venres 14 de xuño.

Os temas que imos tratar son os seguintes:

Proposta de Anteproxecto de Orde pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia

Modificación da RPT dos procesos de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral e clasificación no corpo administrativo da administración xeral (B, C1 e C2)

Aqui atoparedes a información de carácter técnico que nos foi remitida:

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.