O vindeiro 12 de xuño de 2025 fomos convocadas/os á Mesa Xeral de Empregados Públicos onde imos tratar os seguintes asuntos:
Proposta de RESOLUCIÓN pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Proposta de RESOLUCIÓN pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.