Sectores

Mesa Sectorial: Resumo dos documentos entregados pola Consellería

DOCUMENTO 1:

Inicio da negociación cun texto precario.

  • Redución de rateos ridícula a 10 anos só en educación infantil e primaria.
  • Incremento salarial ridículo.
  • Medidas complementarias moi pouco concretas sobre a redución de burocracia.
  • Ningunha mención á carga horaria do profesorado.

DOCUMENTO 2:

  • A eliminación do primeiro ano a 23 alumnos e alumnas no calendario de implantación.
  • Non se realizarán supresións de unidades a consecuencia da disminución de alumnado.
  • Engádese un punto importante sobre o cómputo doble do alumnado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Incremento de 10€ para os órganos unipersoais.
  • Incremento do 10% no complemento de función titorial e otras funcións docentes.
  • Regular as licenzas de formación non retribuídas.

DOCUMENTO 3:

  • Flexibilación do calendario de aplicación de redución de rateo.
  • Non se incrementará o número actual de alumnado nas aulas ao longo do período de aplicación.
  • Incorpórase a redución de rateos en Secundaria e Bacharelato, coincidindo co remate da aplicación do calendario en Infantil.
  • Engádese respecto ao cómputo doble o alumnado cun grado de dependencia I ou cun trastorno grave da conduta. E para o cómputo triple, a discapacidade recoñecida igual ou superior a 65%, un grao de dependencia II e III.
  • Comprométense á aplicación do Acordo de agrupamentos do 10 de xullo de 2009.
  • Auméntase o complemento dos órganos unipersoais a 60 €.
  • A función titorial pasa a incrementarse un 20% en dous anos a partir de xaneiro do 2025.
  • Concrétase a duplicación do importe das axudas por formación.
  • O MÁIS IMPORTANTE: introducción da redución do horario lectivo a 24 horas en Educación infantil e primaria.

DOCUMENTO 4:

  • Queda reflexado que os repetidores computan a efectos de rateo.
  • Os sexenios incrementaranse nun 20% aplicado en dous anos.
  • O pago do 20% do complemento da función titorial iniciarase en xaneiro do 2024.
  • A redución horaria queda en educación infantil e primaria a 23 horas cunha posterior negociación ao abordar a redución da xornada a 35 horas para todos os empregados e empregadas públicos. Sen perder de vista o obxectivo final da recuperación dos nosos dereitos a 18 e 21 horas.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.