O pasado luns tiveron lugar as reunións de Mesa Sectorial de persoal funcionario, de Mesa Xeral e de Comisión de Persoal onde se trataron as seguintes cuestións:
CONCURSO DE TRASLADOS DE ADMINISTRACIÓN XERAL:
Sen cambios nas bases, ante as distintas cuestións trasladadas en mesa previa o Director Xeral informa:
- Pode participar o persoal funcionarizado que teña máis de 2 anos de antigüidade no posto, sendo a case totalidade dos casos.
- O buzón de postos: será revisado coas alegacións que se realicen, incluiranse nel os 45 da funcionarización dos grupos I, II e V, dos que se aproba en Comisión a súa funcionarización, así como os que van na RPT da C. de Educación. Haberá un novo buzón completo para nova ronda de alegacións.
- De RPTs en trámite haberá a retirada de 15 postos que se corresponden con:
- Consellería do Mar: 5 postos das confrarías de pescadores.
- AMTEGA: postos do CIXTEC.
- Postos reservados a discapacidade intelectual.
- 1 adscrición por causa de saúde.
- Supresións: 1 en Presidencia e 2 en Economía, 3 do IET.
- Reservas por incapacidade: 1 ou 2.
- Persoal laboral indefinido non fixo que acadaron despido nulo.
- Amortizacións que pasan a escalas.
- O cálculo de postos a ofertar ronda os 2.900 postos (180 son novas creacións).
- Como modificación salientable está a inclusión dos postos ocupados en adscrición por causa de saúde e rehabilitación que aparecerán como resultas logo da participación dos seus ocupantes.
UGT: abstención CIG: abstención CCOO: abstención CSIF: en contra.
SENTIDO DO VOTO DE UGT
UGT avoga e insta a un proceso de concurso aberto e permanente, a que se realice un concurso específico e a que se obrigue ás persoas que obteñan praza no concurso a un tempo mínimo de permanencia no posto para poder optar a comisións de servizo.
Entendemos que non compartimos a prontitude e celeridade da negociación das bases. Creemos que é necesario que dado que nesta ocasión foi imposible modificar absolutamente nada nos items do baremo que en próximas convocatorias si se poda redistribuír a porcentaxe de parámetros como o do lingua galega cuxo porcentaxe se sitúa en paridade ao do traballo desenvolvido (11,29%), consideramos que debe minorarse o seu peso e distribuírse sumándollo á antigüidade e ao traballo desenvolvido.
Ao respecto dos cursos de formación, entendemos que faltan entidades entre as que citamos os Ministerios e Consellerías e a Fundación Tripartita.
Solicitamos que se podan achegar alegacións ao buzón ata o límite máximo que permita o procedemento.
CONCURSO DE TRASLADOS DE ADMINSITRACIÓN ESPECIAL:
Sen cambios nas bases. Anuncia a retirada do buzón dos postos da EPOSH, así como 3 ou 4 prazas da C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e informa que algunha praza pode estar mal ubicada por problemas de encaixe dos procesos de estabilización, estando en xeral terá que pasar a escala ou ao revés).
UGT: abstención CIG: abstención CCOO: abstención CSIF: en contra.
SENTIDO DO VOTO DE UGT
A maiores do expresado para o concurso de xeral, fixemos fincapé nas prazas compartidas por varias escalas, das que se convoca concurso dunha e doutra non, exemplo a compartida por bioloxía e veterinaria, a segunda non se convoca o concurso e a escala de ciencias especialidade bioloxía si, instamos a que se publiquen todos os concursos, dando oportunidade a todas as persoas de todas as escalas ao seu dereito ao concurso.
RPT CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, F.P. E UNIVERSIDADES:
Sen cambios na documentación da Mesa Xeral.
UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: en contra.
SENTIDO DO VOTO DE UGT
UGT ven reclamando a necesidade de actualizar os rateos aplicados ao persoal non docente invariablemente desde o ano 1994, que como temos manifestado sistematicamente nas negociacións coa Consellería non só supoñen un anacronismo desde o punto de vista laboral se non que nin tan sequera recollen a existencia de colectivos profesionais que acompañan de forma fundamental o desenvolvemento da acción docente nos centros de ensino: traballadores/as sociais, orientadores/as ou auxiliares coidadores/as. Finalmente parece que a Dirección Xeral da Función Pública comparte xunto coas OOSS a necesidade de modificar os rateos. A negociación dun Acordo de Condicións de Traballo (solicitado nestes termos de forma explícita pola UGT na Comisión de Persoal) queda como compromiso ineludible nos vindeiros meses. Este novo escenario xunto coa incorporación dalgunha das demandas negociadas polo noso Sindicato, singularmente no IES A Guia de Vigo, xustifica a nosa abstención.
MODIFICACIÓN RPT FUNCIONARIZACIÓN A1, A2, AP DE ADMON XERAL.
Formúlase a 5ª RPT de funcionarización de 347 postos dos que 125 superaron os procesos (A1 83 postos, A2 30 e AP 12 postos), dos que finalmente só 3 levan complemento de funcionarización. Os postos do persoal non fixo incluiranse no concurso de traslados de administración xeral.
Anúnciase para o mes de abril a funcionarización dos postos restantes dos grupos III e IV.
Engádense 7 postos fixos-descontínuos con carácter itinerante, na Consellería de MATV, no mesmo Distrito, e na de PSX nas Residencias de Tempo Libre de Carballiño e Panxón, onde se incluirá a itineranzancia en radio de 30Kms.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra.
SENTIDO DO VOTO DE UGT
Constitúe un paso máis dentro do Acordo de concertación do emprego público, do que UGT é asinante, no que se trasladan os pluses percibidos como laboral á condición de persoal funcionario a través da conversión en complemento de destino e específico co fin de que ninguén perda economicamente nada coa conversión, unificando por centro de destino os distintos niveis, sempre e en todo caso a percepción final sufre incremento, conservando tamén a garantía na percepción de trienios consolidados.
MODIFICACIÓN RPT FUNCIONARIZACIÓN LEI 2/2015.
A presente modificación de RPT é consecuencia da estabilización e da funcionarización regulada na LEPG. Posibilita a toma de posesión en postos de traballo funcionariais, unha vez rematados os procesos nos que están actualmente e que derivan do Decreto 79/2022. Permite a funcionarización dos postos ofertados a través da modalidade específica de promoción do persoal laboral (D.A 17ª LEPG) das prazas da OPE 2022.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: abstención.
SENTIDO DO VOTO DE UGT
Atendemos a que esta funcionarización posibilita o fin de procesos derivados do Acordo de concertación engadindo a posibilidade de toma de posesión de persoas que superaron os procesos selectivos de carácter laboral con idéntico contido aos do persoal funcionario, rematando así cunha situación a todas luces discriminatoria.
ACORDO DO PERSOAL FUNCIONARIO SPIF:
Incluíronse no último texto as seguintes modificacións:
- A exclusión expresa de persoal doutras escalas e corpos da Consellería que xa contan con acordos específicos.
- Apartado 2ª: que as persoas traballadoras poderán realizar cambios de quendas sempre con autorización expresa do órgano xerarquicamente competente.
- Apartado 6º: as cantidades por domingos e festivos a partir do 2025 incrementaranse a 180€ para o C1 e a 160€ para o C2 e a partir do 2027 serán incrementadas consonte ás leis anuais de orzamentos.
- Apartado 10º: sobre a denegación das vacacións anuais, esta deberá ser motivada.
- Apartado 13º: sobre a vixencia e aplicación do acordo, engádese un novo parágrafo que especifica que coa entrada en vigor deste documento manteranse as condicións do persoal existentes en todo aquelo que non contradiga o disposto neste acordo. Déixanse sen efecto, todos aqueles acordos, convenios ou pactos que contradigan o disposto neste instrumento.
- Disposición adicional única: ao respecto do persoal F-D cita que tras a sinatura deste acordo, iniciaranse negociacións para adecuar a aplicación das condicións específicas de traballo fixadas neste acordo ao réxime xurídico do persoal descontinuo do servizo de prevención de incendios forestais.
UGT: a favor CIG: a favor CCOO: a favor CSIF: a favor.
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Entendemos que a unidade de acción, entre CSIF, CCOO e UGT foi clave na consecución deste acordo, así o manifestamos publicamente sendo que temos conseguido como eixes fundamentais os seguintes:
- 7 dias de traballo cada dúas semanas. Secuencia 3-4 (M-J-V/L-X-S-D)
- Xornadas de 10 horas sen prolongacións (salvo incendios nivel 2: máximo dúas horas pagadas)
- Aplicación da xornada semanal de 35 horas en cómputo anual.
- Xornada máxima anual de 1550 horas fronte ás 1665 actuais.
- Máximo 155 días de traballo anuais fronte os cerca de 200 actuais.
- Fins de semana alternos todo o ano e descanso nun mínimo da metade dos festivos anuais.
- Recoñecemento dos días 24 e 31 de decembro como días festivos.
- 27 días laborables de vacacións a desfrutar en calquera época do ano.
2024 (50%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 140€ – C1:160€
- Incremento salarial 2025 (75%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 160€ – C1:180€
2026 (100%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 160€ – C1:180€
ROGOS E PREGUNTAS:
- Dias 24 e 31 de decembro:
- Logo de reiteradas preguntas sobre esta cuestión, realizadas por UGT, aclara que se procederá á modificación do apartado 4º da instrución décimo cuarta do permiso por asuntos particulares que contén a Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, a través desa modificación suprimirase “…nas citadas oficinas”, co fin de estender o dereito a todo tipo de centros, quedando así o dito dereito con carácter xeral para todo o persoal empregado público.
Nova redacción: Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servizos de Rexistro Xeral e Información. Cando nas citadas oficinas os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo, terase dereito a dous días adicionais de asuntos particulares. Non obstante, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar dun día adicional de asuntos particulares por cada día traballado.
- Pago do 0,5 derivado do Acordo asinado co Goberno do Estado por UGT e CCOO:
- Están traballando co fin de levalo o antes posible á nómina.
- Prazas para os procesos de Montes e Forestais:
- Ratifícase sobre o xa informado, logo da elección de destino de Agronómica e Técnica Agrícola, verán que prazas son as que quedan para poder ofertar.
- Toma de posesión da próxima funcionarización:
- Prevista para o mes de marzo.