Sectores

MESA SECTORIAL – LISTAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS EXCEPCIONAIS

Santiago, 17 de decembro de 2024

Na orde do día de hoxe, tratouse na Mesa Sectorial un só punto: as listas de interinidade e substitucións en determinadas especialidades nas que, de xeito excepcional, se permite a participación a persoas sen o requisito de formación pedagóxica e didáctica.

A Consellería informa que a finais de xaneiro publicarase a resolución sobre estas listas excepcionais. O persoal que forme parte desta nova listaxe non consolidará e terá un tempo de dous cursos para realizar o mestrado para permanecer nas listas.

Comunican tamén que a partir de hoxe publicitarase esta resolución ás facultades e os colexios profesionais para que os estudantes sexan coñecedores desta situación.

No nosa intervención, UGT pide:

– Que quede claro que este tema está ó marxe do Acordo de Interinos.

– Entendemos que estamos nunha situación problemática nestas listas e por iso tense que buscar unha solución pero é unha solución transitoria e o que hai que buscar é unha solución real para unha perspectiva de futuro. Polo tanto, dende UGT pedimos que se actúe na prevención para que non se teña que recurrir a listas excepcionais. Esta prevención pasa por:

1º Mellorar as condicións dos substitutos co cobro dos meses de xullo e agosto,

2º Máis prazas de mestrado en universidades públicas,

3º Modificacións nos criterios dos tribunais de oposición para que se corrixa a magnitude de prazas que quedan desertas axustándose ao nivel do curriculo de docencia.

Pedimos que sempre se faga un chamamento previo aos da lista con Máster antes de chamar ao persoal da lista excepcional.

O Subdirector informa de que as condicións dos substitutos non se modificarán agás este engadido que publicarán na Resolución. Informan que eles mesmos están pedindo que se aumenten as prazas de mestrado nas universidades públicas, e que tamén están solicitándolle ao persoal presidente de tribunais se adapten ao nivel de curriculo que se necesita para o nivel ao que se presentan os aspirantes. Confirma que sempre se fará o chamamento primeiro ás persoas da lista co Master.

Rogos e preguntas:

Pedimos se nos informe de cando se cobrarán os sexenios pendentes. Avisarán de novo a intervención, que na última consulta lles dixeron que estaban sobrecargados de traballo.

Preguntamos cando teñen pensado traer a proposta de OPE coas especialidades. Na segunda quincena de xaneiro traerano á mesa.

Informamos que igual que nas listas esgotadas, na convocatoria que se fixo para inspectores accidentais non deberían quedar case a metade das prazas desertas, porque ao final non se cubrirán as necesidades de inspección. Non se meten no proceso da convocatoria, só informan de que comezarán probablemente o día 8 de xaneiro coa súa labor.

CONCURSO DE MÉRITOS EXTRAORDINARIO DE CANARIAS

A Consellería informa que os datos provisionais do persoal docente galego que obten praza neste proceso de estabilización son os seguintes:

  • 35 Mestres
  • 26 persoas docentes doutros corpos

A partir de hoxe, a Consellería poñerase en contacto con esas 61 persoas para concederlles unha comisión de servizos en Galiza ata o 31 de agosto e así ser nomeados a día 1 de setembro en Canarias.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.