Sectores

Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos e Mesa Xeral de Empregados Públicos (10/10/2022)


O vindeiro 10 de outubro fomos convocados pola Dirección Xeral da Función Pública a unha Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos de carácter extraordinario ás 12.30 horas cun único punto a tratar que é o da proposta de acordo da Xunta de Galicia ás OOSS para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia para PERSOAL FUNCIONARIO. O mesmo día ás 13.30 en Mesa Xeral de Empregados Públicos, tamén con carácter extraordinario, imos tratar, entre outros asuntos, a proposta de acordo para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o PERSOAL LABORAL da Xunta de Galicia.

Premendo nas seguintes ligazóns poderedes atopar os borradores de acordo, que desde a nosa organización consideramos un paso importante na restitución do dereito á carreira profesional das empregadas e empregados públicos da Xunta de Galicia.

BORRADOR NOVO ACORDO DESENVOLVEMENTO DT8 LEI EMPREGO PUBLICO

BORRADOR ACORDO DESEMPEÑO PERSOAL LABORAL

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.