Hoxe celebráronse, de maneira sucesiva, unha Mesa Xeral de Funcionarios Públicos e unha Comisión de Persoal, extraordinarias, ao respecto da modificación das RPTs do organismo autónomo IGE (adscrito á Consellería de Facenda e Admón. Pública) e da Consellería do Medio Rural e da súa entidade adscrita, a Axencia Galega da Industria Forestal – XERA, respectivamente. As propostas foron as seguintes:
MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Constitución dunha UNIDADE DE TRABALLO TEMPORAL DE PERSOAL PARA A COLABORACIÓN NA EXECUCIÓN DO PLAN DE MELLORA INFRAESTRUTURAS RURAIS, provista de dous NOVOS POSTOS (vixencia temporal vinculada á xestión de Fondos de Recuperación e Resilencia e outros fondos europeos) de acordo ás seguintes características:
- 1 Posto: ARQUITECTO/A SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS*.
- Nivel: 26
- Corpo: ESA.
- Administración: AXG.
- 1 Posto: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS*.
- Nivel: 22
- Corpo: EMA.
- Administración: AXG.
Sentido do voto:
UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor.
MODIFICACIÓN DA RPT DA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL – XERA
Constitución dunha UNIDADE DE TRABALLO TEMPORAL DE PERSOAL PARA A XESTIÓN DE FONDOS NA XERA, provista de dous NOVOS POSTOS (vixencia temporal vinculada á xestión de Fondos de Recuperación e Resilencia e outros fondos europeos) de acordo ás seguintes características:
- 3 postos Enxeñeiros/as Forestais (Corpos especiais, subgrupos A1/A2, nivel 25)*.
- 2 postos Xefatura Sección (Corpos xerais, A1/A2/C1, nivel 25)*.
*Postos a ocupar mediante persoal funcionario de carreira en Comisións de Servizos, e os seus postos de orixe serán cubertos mediante persoal funcionario interino ou persoal laboral temporal (Listas de contratación temporal DECRETO 37/2006). Os postos serán financiados cunha minoración do orzamento do capítulo II neste exercicio, e con cargo a fondos comunitarios (capítulo VII) nos seguintes.
UGT solicitou a apertura conxunta dos 3 postos de enxeñería forestal tamén a enxeñería técnica forestal, sumándose a petición realizada por outra OOSS, para facilitar á súa cobertura. PETICIÓN ACEPTADA.
Sentido do voto:
UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor.
MODIFICACIÓN DA RPT DO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA – IGE
Reforzo da Unidade de Modelización Socioeconómica, coa creación dun NOVO POSTO coas seguintes características, e que será financiado con cargo a remanente de crédito da Consellería de Facenda e Administración Pública:
- Posto base subgrupo A1.
- Nivel: 20
- Corpo: XSE.
- Administración: AXG.
Sentido do voto:
UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor.
O DXFP informou dos criterios para a elección das prazas dos procesos que en principio van a saír antes, porque xa están rematados, A1 e A2. Non todos os procesos, pero si a maioría deles, levan unha acumulación de ofertas (prazas de acceso libre, de estabilización e de consolidación ocupadas por persoal indefinido non fixo).
- Respecto ás prazas de consolidación, como ían publicadas na convocatoria, polo tanto non hai dúbida das que se teñen que ofertar, no caso de que se produza un 100% de aprobados.
- Respecto ás prazas de estabilización, hai uns listados que foron os que levaron á que se fixese a oferta, e son as prazas que cumpren os requisitos que se establecían, tanto no ano 2017 coma no 2018, polas correspondentes leis de presupostos.
O criterio que se pretende establecer é o seguinte:
A1 (Non se cubriron todas as prazas, e polo tanto, atopámonos con que hai prazas de libre, hai prazas de estabilización e hai prazas de consolidación). Ofertábanse 133 prazas (52 de libre, 49 de estabilización e 32 de consolidación), e o número de aprobados final é de 78 persoas.
O que prantexa realizar aquí, xa que non chegan todas as prazas de acceso libre, como na oposición non hai distinción entre os distintos tipos de prazas, recórrese á proporcionalidade. De tal xeito que, de libre temos 52 dúas prazas e se elixiría en relación á porcentaxe do número de aprobados (aprox..56%-58%), isto supón que ofertaríanse 29 prazas de libre, 28 prazas de estabilización e 18 de consolidación.
- O sistema a utilizar con respecto as prazas de estabilización e consolidación, de acordo aos listados correspondentes, ofertaranse as prazas ocupadas por persoal temporal de menor a maior antigüidade.
- O sistema a utilizar con respecto ás prazas de acceso libre, é ofertar en primeiro lugar prazas vacantes, para elección de destino con carácter provisional, xa que despois haberá os concursos correspondentes. Ademais, hai 3 persoas que aproban por promoción interna, polo que estas prazas incluiranse na oferta de acceso libre.
- Polo tanto, temos a seguinte oferta final:(32 prazas de libre vacantes, ás que se engaden 28 prazas de estabilización e 18 de consolidación, de acordo ao criterio de antigüidade comentado con anterioridade).
- Ademais, terase en conta que si hai algún persoal interino ou persoal indefinido non fixo que aprobou a oposición e non figura nas prazas que se inclúen, neste caso ponse a praza da persoa que aprobou e restase da que tería que ir no listado, sempre respectando a orde de menor a maior antigüidade.
A2 (O número de aspirantes aprobados é igual ao número de prazas convocadas. Procedese para incluír todas as prazas de estabilización e de consolidación convocadas, 10 e 5, respectivamente. Respecto ás de libre, hai 45 prazas, e ademais hai outras 34 prazas convocadas que xa aprobaron de A2. Polo tanto, en total son 79 prazas as que se teñen que elixir.
O criterio, en acceso libre, é ofertar en primeiro lugar as prazas vacantes e despois as ocupadas por persoal temporal coa menor antigüidade na praza. Mentres que, en estabilización e consolidación, non é posible ofertar outras prazas porque o impide a lei, xa que nestes procesos non pode darse nin incremento nin diminución das prazas correspondentes.
Remitiranse os listados das prazas, o máis axiña posible, ás OOSS para que efectúe a súa revisión e a presentación de alegacións, de ser o caso.
A elección de destino comezará co sistema telemático, de remitir a clave durante dous días, e logo, unha vez chegue a clave haberá cinco días para a elección das prazas. A elección de destino do A1 será a semana que ven, e a do A2 na que ven ou na seguinte, tanto en promoción interna como en libre. O C1 debería de estar publicado un pouco máis tarde, xa que ten que saír aínda o baremo provisional e o tema da documentación, e C2 podería estar listo para finais de outubro.
Esta semana publicarase algún baremo provisional máis, dos pendentes, de tal maneira que, salvo o de bombeiros forestais máis retrasado polo número de persoas a valorar (preto de 1400 aspirantes), e o de veterinarios que é o último que se presentou, o de biólogos, social e toda a Administración Xeral estean rematados ao longo deste mes. Ademais, están traballando respecto aos procesos que están xa na fase de alegacións. O baremo de psicólogos debería saír en breve, e respecto aos de educadores e traballadores sociais estase traballando neles. A idea é que estean rematados neste mes de setembro.
Por outra banda, estase tratando de dar solución ao tema dos gobernantes/subgobernantes, facendo as reformas correspondentes o máis axilmente posible, porque teñen que dar resposta á problemática existente.
No tema do impulso demográfico, a DXFP tratará de facer unha instrución ad hoc para solucionar o tema da da conciliación para os fillos maiores de 14 anos, porque xa hai conciliación familiar para os menores desta idade.
Finalmente, respecto á funcionarización a orde será primeiro o persoal do grupo V, logo intentar sacar a dos bombeiros forestais, e tamén unhas poucas prazas doutro persoal que quedou pendente. Ademais, estase tamén co tema das RPTs, para ter lista no mes de outubro a dun dos grupos citados.