Na Mesa Sectorial de Educación extraordinaria de hoxe tratamos o seguinte e único punto:
– Orde pola que se convoca concurso de traslados de adultos.
Dende UGT Servizos Públicos reiteramos:
- Base cuarta. Pedimos retirar o requisito de estar dous anos dende a toma de posesión do último destino definitivo para a participación nos concursos específicos.
ADMON: requisito de dous anos para a participación dende o último destino definitivo manterase nesta convocatoria xa que se mantivo no resto de concursos de traslados.
- En canto ó baremo demandamos:
- No apartado 3 pedimos que se suba a puntuación a 15 puntos porque é importante que se prime a cualificación profesional dos docentes. ADMON: revisarase este punto.
- No punto 4.3. de outras funcións docentes, entendemos que o máis xusto sería eliminar o límite de 10 puntos.
- O punto 6.4. Debería eliminarse.
- Pedimos que se puntuen todos os servizos prestados como docentes en ensinanzas de adultos en centros ordinarios.
ADMON: o resto do baremo non se modificará. Pero mirarase para vindeiros anos de facer as modificacións que se consideren oportunas xa que se trata dun concurso específico autonómico.
- Por último, esta convocatoria afecta a 35 prazas, queremos comunicar a falta dalgunhas vacantes como por exemplo, unha de Filosofía, unha de Latín e unha de Lingua Castelá, e unha xubilación de Xeografía e Historia no EPAPU Sta Mª de Coranza de Ferrol. Ademais faltan moitas máis por xubilacións e estructurais, de máis de tres anos.
ADMON: Revisaranse as vacantes e mañá trasladaránsenos as definitivas tendo en conta as propostas feitas na Mesa.
Informan de que a convocatoria deste concurso sairá publicada o día 4 de decembro.
Consulta aquí o noso INFORMA.