Sectores

Mesa Sectorial do 4 de outubro. 2023

A Administración presenta un novo documento coas seguintes novidades:

  • A eliminación do primeiro ano a 23 alumnos e alumnas no calendario de implantación.
  • Non se realizarán supresións de unidades a consecuencia da disminución de alumnado.
  • Engádese un punto importante sobre o cómputo doble do alumnado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Incremento de 10€ para os órganos unipersoais.
  • Incremento do 10% no complemento de función titorial e otras funcións docentes.
  • Regular as licenzas de formación non retribuídas.

Dende UGT vemos un avance, pero un avance insuficiente xa que non se toca un dos puntos imprescindibles da carga horaria do profesorado.

Seguimos a solicitar:

  • Unha redución de rateo nas etapas de secundaria e bacharelato.
  • Ter en conta para o cómputo do rateo a todo o alumnado con necesidades graves de mobilidade ou trastorno, e tamén aos repetidores.
  • Complemento para todas as coordinación.
  • Un esforzo maior na cantidade do incremento salarial para estar situados a nivel estatal entre o 1º e 6º lugar, tal e como se firmou no anterior acordo retributivo.
  • NEGOCIAR A CARGA HORARIA DO PROFESORADO.

A Consellería comprométese a analizar as aportacións da mesa de hoxe e a tocar dalgunha medida o tema da carga horaria. Emplázanos a venres día 6 para a presentación dun novo documento.

Consulta o proxecto de Acordo presentado na Mesa de hoxe

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.