Comezou a Mesa cunha breve análise das medidas COVID adaptadas neste curso e coa preocupación das distintas Organizacións Sindicais da falta de protocolo para o vindeiro curso a estas alturas do ano.
UGT Servizos Públicos solicita que se convoque a Comisión de Interinos para evitar a posible perda de emprego debido á redución de distancias interpersoais e o incremento das ratios anunciado polas Administracións Públicas.
Neste curso non se fixo ningunha distinción entre o persoal docente contratado pola situación COVID e o demais persoal docente. Parécenos que foi unha medida acertada que non se vinculase a este persoal só a uns meses de contrato, senón que fose ata o remate do curso. De cara ao vindeiro curso pensamos que se debe manter este persoal e así evitar improvisacións no futuro por parte das Consellerías de Educación e Sanidade.
No que atinxe ós procesos selectivos, na nosa intervención UGT Servizos Públicos expón que antes había ata 120, 130 aspirantes por tribunal e vemos que este protocolo adáptase á situación diminuíndo ese número. Porén, lamentamos que non se apostara por realizar as probas en espazos ó aire libre, xa que evitaría preocupacións en temas de ventilación. Comentouse na mesa que podería haber problemas de ventilación nos talleres… entendemos que, se é así, o problema estivo presente todo o curso, non só para a oposición. A Consellería informa de que as probas se levarán a cabo nos centros educativos agás dous tribunais ( Debuxo e Deseño de interiores) que realizarán as probas en facultades.
Plantexamos a posibilidade de que os opositores poidan achegar dúbidas que xeralmente se fan o día da presentación mediante unha aplicación con anterioridade ás probas. Négase a posibilidade dunha canle bidireccional entre o tribunal e o persoal aspirante.
Pedimos que veña recollida no protocolo a posibilidade de que o persoal do tribunal poida solicitar aos aspirantes que retiren un intre a máscara a efectos de seguridade na identificación. O Subdirector di que se estudiará a posibilidade de retirar a máscara en caso de dúbida na identificación do persoal opositor.
Toda a información en detalle no noso Infórma-t: