Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe tratouse a Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2024 (código de procedemento ED303A).
UGT presenta as seguintes propostas de modificación ante o documento presentado:
- Art.1 Pedimos que as formacións do profesorado organizadas polas estructuras de formación da Consellería deben formar parte desta orden de reintegros.
A Consellería resposta que non se vai incluir.
- Art.4 O importe máximo de finanzamento vese duplicado este ano grazas ao acordo de melloras asinado por UGT, CCOO e ANPE. Entendemos que así o debería recoller o documento.
O Director Xeral acepta a proposta.
- Art.15 Insistimos en que a Comisión de Varloración das axudas debería contar coa presencia de representación sindical. Non se admite a petición.
- Art.22 Coméntasenos por parte da Consellería que os solicitantes que rematen a formación despois do prazo de presentación de solicitudes, deberán presentar un proxecto como documentación xustificativa. Entendemos que tal e como está redactado o punto 1 deste artigo enténdese que non se poderían presentar fóra de prazo. Pedimos que se engada o parágrafo do curso anterior.
Este punto será modificado.
O segundo e terceiro documento presentados foron a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dictan instruccións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024-2025 e aProposta de relación de módulos do 1º curso das ensinanzas da oferta ordinaria no curso 2024-2025 derivada da aplicación da Lei 3/2022.
A Directora Xeral comunícanos que a pesar da publicación dos catro RD do 28 de maio, está pendente a publicación das modificacións dun deles, o RD 659, que se prevé para principios de xullo. Seguidamente publicarase esta resolución.
UGT pide que haxa máis comunicación entre a Dirección Xeral de Formación Profesional e os representantes do profesorado galego. As organizacións sindicais deberíamos ter a información de primeira man para poder antender aos nosos docentes e ter maior participación nas negociacións dos documentos.
O que nos traslada a maioría do profesorado desta etapa é a falta de concreción en case a totalidade do documento, como por exemplo:
- No punto décimo primeiro, apartado 3, fálase de que o alumnado terá a formación necesaria en materia de Prevención de Riscos Laborais antes da primeira avaliación. Que pasa co alumnado que suspende? Non pode cursar a formación en empresa?
Trátase de un requisito imprescindible para o alumnado. Polo tanto ata que non aprobe non poderá realizar a formación nunha empresa. Apuntan que é o primeiro curso de implantación e que irán vendo pouco a pouco as necesidades que vaian xurdindo.
- No punto décimo segundo, apartado 1, mencionan as horas correspondentes de titoría e seguimento de formación. Solicitamos aclaracións sobre este punto porque non se específica se as titorías seguirían sendo como as de agora, co titor do grupo, ou se ampliaría ese horario debido ao aumento das súas funcións.
A consellería responde que será o coordinador de FCT o responsable do seguimento de formación en empresas, agás se o titor de grupo se atopa sen alumnado na aula.
- O profesorado trasládanos que o punto décimo quinto xera preocupación sobre a súa repercusión no módulo de Inglés Profesional. Pedimos concreción sobre o desenvolvemento desta optimización de recursos humanos e configuración dos horarios do persoal docente. Queremos saber si esta optimización pasa por compartir este profesorado en varios centros.
Aceptan que as organizacións sindicais fagan a súas achegas. Puntualizan que non contemplan que o profesorado que imparta este módulo sexa itinerante.
Entendemos que esta resolución será complementaria ás instrucións habituais de principio de curso que se envían aos centros.
A Consellería responde que as instrucións de principio de curso serán case iguais ás do ano pasado, xa que no resto dos cursos mantense o modelo anterior.
Varios :
- Pedimos saber as datas aproximadas de publicación das licencias por formación, xa que fai meses que pasou o documento pola Mesa Sectorial.
Respostan que se publicará no portal a semana próxima e a definitiva a principios de setembro.
- Solicitamos que haxa unha modificación da Orde pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente para a reducción das horas lectivas de 25 a 23 de Educación Infantil e Primaria.
Respostan que non se modificará a Orde.
- Insistimos na actualización dos ROC.
- Preguntamos pola actualización do mapa de formación profesional.
- Esiximos, como en anos anteriores, que haxa unha canle directa entre o tribunal das oposicións e os seus aspirantes.
Acontestación é negativa por parte da Consellería. Non o ven necesario, xa que en caso de urxencia podémonos por directamente en contacto coa Dirección Xeral de Centros e RRHH.