Na Mesa Sectorial celebrada o 20 de xullo a administración informa das transformacións, xa previstas no Decreto, de tres IES en CIFP.
1. IES UNIVERSIDADE LABORAL (Culleredo).
2. IES LEIXA (Ferrol). O alumnado de Bacharelato trasladase ao IES CATABOIS.
3. IES FRAGAS DO EUME. O alumnado de ESO e Bacharelato trasladase ao IES BREAMO.
A continuación da conta dos cambios de ciclos en Ferrol e Lugo:
Ciclo superior de Ed. infantil: traslado CIFP Ferrolterra a CIFP de Leixa.
CFGS ensinanzas de animación sociodeportiva: traslado de IES Nosa Señora de Ollos Grandes de Lugo a CIFP politécnico de Lugo.
Por último, indica a integración de :
– o CEIP Plurilingüe de Pino de Val de Mazaricos no CPI Plurilingüe da Picota.
– o CEIP de Baamonde de Begonte no CEIP Virxe do Corpiño.
Como se ven facendo anualmente, o persoal docente afectado por estes cambios será adscrito atendendo as seguintes criterios:
– Atenderase ao profesorado con perda de destino ou desprazamennto segundo o establecido no decreto 140/2006 que regula os criterios de perda de destino definitivo.
– o catálogo en función do número de unidades para primaria.
A antigüidade consérvase a todos os efectos.
Dende UGT Servizos Públicos empezamos a nosa intervención valorando positivamente estas transformacións para o fomento da Formación Profesional. Pero pensamos que o proceso se podería acelerar a pesar das coñecidas dificultades de infraestructuras e transformar os centros previstos ao mesmo tempo. Con estas transformacións é importante que se teñan en conta as necesidades de profesorado nos novos centros e que as consecuencias para o noso colectivo non sexan perxudiciais.
Indicamos que esta Orde chega tarde, porque debería estar presentada a finais de xuño, tal e como se dixo na Comisión Permanente do Consello Galego de FP, para a organización dos afctados.
Botamos en falta um anexo coas prazas que quedan por falta de horario, as prazas que se ofertan en total… Non é de recibo que a información nos chegue só a través dos centros.
A administración responde que non é necesario aportar máis anexos, a información dada no anexo I é suficiente.
En Rogos e Preguntas solicitamos que se nos informe das posibles datas de resolución das prazas de atención preferente e das prazas de convenio.
A Consellería responde que están coa baremación de atención preferente, pero que se publicarán canto antes. En canto as prazas de convenio están previstas para o xoves.
A administración termina anunciándonos que a publicación de tribunais de cátedras será, posiblemente, para o día 1 de setembro.