Hoxe tiveron lugar as reunións de Mesa Sectorial de persoal funcionario e a continuación unha Comisión de Persoal, nas que se trataron as seguintes cuestións:
A convocatoria de NOVOS PROCESOS SELECTIVOS EXTRAORDINARIOS DE ESTABILIZACIÓN derivados da Lei 20/2021, por quenda de ACCESO LIBRE e polo sistema de CONCURSO-OPOSICIÓN, seguintes:
- – Subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade en Química (1 praza)
- – Escala auxiliar do SPIF, subgrupo C2, Bombeiro/a Forestal (56 prazas).
- – Escala de Persoal de Mantemento, subgrupo AP (16 por concurso e 2 por concurso-oposición).
Na Mesa Sectorial a Dirección Xeral, como información previa ao inicio da reunión, comunica a intención de proceder:
- – Á retirada das prazas do SPIF dos procesos selectivos da Lei 20:
- o Subgrupo C2:
- Especialidade emisorista/vixilante fixo/a: 21 prazas de concurso.
- Especialidade bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba: 24 prazas de concurso e 2 de concurso-oposición.
- – Engadir as seguintes prazas:
- o Subgrupo C1:
- Xefe/a de Brigada: 1 praza por concurso (pasan de 16 a 17)
- o Subgrupo C2:
- Especialidade de Bombeiro/a Forestal: as 205 convocadas nas resolucións do mes de decembro, divídense agora en 154 polo sistema de concurso e 56 por concurso-oposición, pasando a ser as convocadas 210 prazas.
- o Grupo IV categoría 33 (Bombeiro/a Forestal condutor de motobomba):
- Pasan das 143 convocadas (137 por concurso e 6 por concurso-oposición) a 221 por concurso.
- o Subgrupo C1:
- o Subgrupo C2:
ANALIZAMOS E DAMOS OPINIÓN DESTES DATOS NO PUNTO CORRESPONDENTE.
SUBGRUPO A1, ESCALA DE CIENCIAS, ESPECIALIDADE EN QUÍMICA (1 PRAZA).
UGT: A FAVOR CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra.
POSICIÓN DE UGT:
Corresponde con alegación realizada por UGT, trátase de engadir un novo proceso, que como se informa, contén 1 praza polo sistema de concurso-oposición e non estaba previamente convocado.
En tanto que se trata dunha praza non contemplada nas convocatorias do mes de decembro e consideramos que en función dos parámetros da Lei 20 debe ser incluída. O procedemento cumpre co regulado e aprobado para o resto de especialidades do A1, polo tanto procede o voto a favor.
ESCALA AUXILIAR DO SPIF, SUBGRUPO C2, BOMBEIRO/A FORESTAL (56 PRAZAS).
UGT: A FAVOR CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra.
POSICIÓN DE UGT:
En atención a que era unha alegación de UGT, a inclusión das 56 prazas polo sistema de concurso-oposición, dado que a publicación da convocatoria contiña 205 prazas pero a listaxe da páxina web reflicte 154 polo sistema de concurso e 56 polo de concurso-oposición, era de xustiza recoñecer o que a propia administración tiña publicado.
O anterior non ten que ver co anuncio realizado pola administración, en tanto que UGT considera UN DESPROPÓSITO E UN CAMBIO DE REGRAS DO XOGO Á MITADE DA PARTIDA, o feito da eliminación de prazas das categorías de emisorista/vixilante e condutor de motobomba.
Fixemos mención das convocatorias realizadas en DOG e as comunicadas a través da listaxe da web de Función Pública, ao respecto, segundo as que :
COMPARATIVA SPIF |
CONVOCATORIAS DECEMBRO 2022 |
PUBLICADAS EN WEB |
|||||||
CONCURSO |
CON/OPO |
TOTAL |
CONCURSO |
CON/OPO |
TOTAL |
DIFERENZA CON CONV |
|||
|
DISCAP |
|
DISCAP |
||||||
SUBGRUPO C2 |
|
||||||||
Especialidade emisorista / vixilante/a fixo/a: (Inclúe prazas das categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral). |
15 |
5 |
20 |
21 |
0 |
21 |
1 |
||
Especialidade bombeiro forestal-condutor motobomba: (Inclúe prazas da categoría 33 do grupo IV de persoal laboral). |
24 |
2 |
26 |
24 |
4 |
28 |
2 |
UGT considera que NON É PROBLEMA DAS PERSOAS QUE CUMPREN os requisitos regulados, tanto no artigo 2 como nas disposicións adicionais sexta e oitava, O FEITO DE QUE EXISTA UN DESCADRE DE PRAZAS OFERTADAS NO ANO 2019.
UGT advertiu no seu momento que a OPE era incorrecta e o QUE NON TEN CABIDA É QUE SE PRETENDA QUE AS PERSOAS CON DEREITO A QUE A SÚA PRAZA SE INCLÚA PAGUEN UNHA INCORRECTA CONVOCATORIA, que en todo caso era por QUENDA LIBRE e NON DE ESTABILIZACIÓN NIN CONSOLIDACIÓN.
UGT REXEITA A ELIMINACIÓN DE PRAZAS e INSTA A QUE AS PERSOAS AFECTADAS PROCEDAN Á RECLAMACIÓN QUE ESTIMEN PERTINENTE, a organización analizará cos Servizos Xurídicos as accións legais que corresponda interpoñer.
En todo caso e entendendo que o sometido a votación é a ampliación de 56 prazas polo sistema de concurso-oposición, corresponde votar a favor, en tanto que é abrir unha posibilidade pechada ata este momento e reclamada por esta organización.
A conclusión logo do escoitado hoxe, no SPIF, quedaría así:
En cor vermello están as que Función Pública anuncia a retirada e en cor azul as que se engaden
COMPARATIVA SPIF |
CONVOCATORIAS DECEMBRO 2022 |
PUBLICADAS EN WEB |
||||||||
CONCURSO |
CON/OPO |
TOTAL |
CONCURSO |
CON/OPO |
TOTAL |
DIFERENZA CON CONV |
||||
|
DISCAP. |
|
DISCAP. |
|||||||
Prazas convocadas persoal laboral GRUPO I |
|
|||||||||
Cat. 38 Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
1 |
1 |
1 |
1 |
0 |
|||||
Prazas convocadas persoal laboral GRUPO II |
|
|||||||||
Cat. 39 Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais |
5 |
5 |
5 |
5 |
0 |
|||||
SUBGRUPO C1 |
|
|||||||||
Especialidade bombeiro forestal xefe brigada :(Inclúe as prazas da categoría 100 do grupo III de persoal laboral). |
16 |
16 |
17 |
17 |
1 |
|||||
Prazas convocadas persoal laboral GRUPO III |
|
|||||||||
Cat. 100. Bombeiro/a forestal Xefe/a de brigada. |
53 |
9 |
62 |
52 |
8 |
60 |
-2 |
|||
SUBGRUPO C2 |
|
|||||||||
Especialidade emisorista / vixilante/a fixo/a: (Inclúe prazas das categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral). |
15 |
5 |
20 |
-20 |
||||||
Especialidade bombeiro forestal-condutor motobomba: (Inclúe prazas da categoría 33 do grupo IV de persoal laboral). |
24 |
2 |
26 |
-26 |
||||||
Especialidade bombeiro forestal: (Inclúe prazas das categorías 14 e 14A do grupo V de persoal laboral) |
205 |
205 |
154 |
56 |
210 |
5 |
||||
OPERADOR/CODIFICADOR DATOS DEFENSA CTRA.INCEND.FOREST.( inclúense en C2 admon xeral) |
5 |
5 |
|
|||||||
Prazas convocadas persoal laboral GRUPO IV |
|
|||||||||
Cat. 33 Bombeiro/a forestal condutor de motobomba |
137 |
6 |
143 |
221 |
6 |
227 |
84 |
|||
0032 – OPERADOR/CODIFICADOR DATOS DEFENSA CTRA.INCEND.FOREST. |
5 |
5 |
5 |
5 |
0 |
|||||
0037 – OFICIAL 2ª MECANICO MAQUINAS DEFENSA CTRA.INCEND. FORESTAIS |
1 |
1 |
1 |
1 |
0 |
|||||
Prazas convocadas persoal laboral GRUPO V |
|
|||||||||
Cat. 14. Bombeiro forestal |
64 |
26 |
90 |
63 |
25 |
88 |
-2 |
|||
Cat. 10B. Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais |
47 |
5 |
2 |
54 |
52 |
2 |
54 |
0 |
||
Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios. |
55 |
10 |
3 |
68 |
61 |
3 |
64 |
-4 |
||
Cat. 14A. Bombeiro forestal condutor |
41 |
14 |
55 |
41 |
14 |
55 |
0 |
|||
0B10-VIXILANTE FIXO DEFENSA CTRA. INCEND. FORES. (4º CONV. EXTING.) |
0 |
|||||||||
|
669 |
20 |
62 |
0 |
751 |
678 |
114 |
792 |
41 |
UGT RECLAMA E REQUIRE DE FUNCIÓN PÚBLICA UNHA SOLUCIÓN PARA QUE AS PERSOAS CUXAS PRAZAS DEBEN INCLUIRSE NAS OFERTADAS POLA LEI 20 NON VEXAN MINORADO O SEU DEREITO. NON É PROBLEMA DAS PERSOAS QUE CUMPREN, É PROBLEMA DA INCORRECTA XESTIÓN DUNHA OPE QUE NUNCA DEBEU SER PUBLICADA, POR CERTO …. ERA DE QUENDA LIBRE, CONSUMINDO TAXA DE REPOSICIÓN.
ESCALA DE PERSOAL DE MANTEMENTO, SUBGRUPO AP
UGT: A FAVOR CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra
Aténdese á alegación de UGT ao respecto de que se inclúan as 18 prazas das categorías V-002 e V-012 (16 por concurso e 2 por concurso-oposición), que foran suprimidas na publicación do DOG .
Requirimos concreción nos temarios e especificación dos contidos.
Non pode ser que no día de onte se achegue un temario sen contidos específicos e no día de hoxe, unha hora antes da Comisión de Persoal se traslade uns contidos xenéricos e abstractos. Función Pública e as Consellerías implicadas deben facer o esforzo de determinar os epígrafes e que se facilite ás persoas interesadas nos procesos, cando menos as referencias bibliográficas precisas que se correspondan cos epígrafes dos temas propostos.
ROGOS E PREGUNTAS:
A preguntas de UGT e das outras OOSS, responden:
- – Abrirase un novo prazo de solicitude para as convocatorias engadidas no día de hoxe, unha vez publicadas en DOG, tendo como data de referencia para a acreditación de méritos a do día da publicación no DOG das convocatorias correspondentes a estas escalas e non o 26 e 27 de decembro, anteriores.
- – Van a remitir o vindeiro luns unha relación dos procesos afectados polas convocatorias en marcha.
- – As vacacións retribuídas e non desfrutadas contabilizarán como tempo efectivo de traballo, na valoración do tempo de traballo nos procesos selectivos da estabilización.
- – Celga 4: a esixencia do mesmo para todas as categorías publicada en DOG, será rectificada, tal e como xa consta nas preguntas frecuentes, publicadas na web de función pública.
- – Exames do CGSIB: darase solución na comisión de valoración.
- – Contabilización dos procesos para listas: quedaron en aclarar a cuestión e publicala (non hai decisión tomada).
- – Os listados provisionais e definitivos dos procesos “inconclusos” quedaron en que publicaranse nas próximas semanas (a vindeira e a seguinte) informa de que para a semana que ven sairán as de auxiliar de enfermería, traballo social, educación social e veterinaria.
- – A listaxe das prazas das persoas “fixas” como consecuencia das disposicións transitorias oitava e novena da LFPG do Decreto lexislativo 1 /2008, será remitido o luns que ven ás OOSS.
Ás nosas preguntas sobre a listaxe da folla de cálculo publicada na web de función pública, responden que daranlle outro formato e validez xurídica, así mesmo que procederán á actualización da listaxe nun tempo prudencial de conformidade se produza a finalización dos procesos en marcha.