Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe traballouse o borrador da Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025-2026 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
En exposición previa por parte da Administración, comezan dicindo que o calendario do vindeiro curso é un calendario único, non hai diferenciación para as ensinanzas de réxime especial.
Outras modificacións son as do artigo 13 b) coa data de segundo curso de bacharelato; e no apartado d) do mesmo artigo, no que se adianta a data de avaliación final dos 2º cursos de FP.
Informa de que este curso os días de San José e San Juan son non lectivos polo que se propón o día 5 de decembro como non lectivo para completar os 176 días lectivos do curso.
Xa non se fai referencia ao PROENS porque xa é un tema implantado e xa non necesita ser nomeado.
En referencia ao artigo 11 sobre as probas de avaliación de diagnóstico, a Directora Xeral informa das datas e que, este curso, utilizarase un aplicativo que permita axilizar o proceso.
Comezamos a nosa intervención cos seguites puntos:
En primeiro lugar, seguimos reivindicando que non debería aparecer a palabra de un “mínimo” de 175 días lectivo, senón que deberían estar fixados nese número de días. Lamentamos que este curso se propoñan 176 días lectivos como en anos anteriores. Solicitamos que o inicio sexa o día 9 de setembro. A maiores, despois de escoitar a proposta do 5 de decembro por parte da Consellería, propoñemos que ese día se elimine a favor do 9 de setembro, e polo tanto iniciar o curso o mércores día 10.
A Administración responde que o tempo é suficiente para a preparación de horarios que xa se pode adiantar no mes de xullo. Non se acepta ningunha das propostas.
En canto ó articulado da Orde propoñemos as seguintes correccións:
Art. 4.3. “A dirección do centro remitirá as programacións didácticas á Inspección educativa, antes de que finalice setembro”… Parécenos máis axeitado ca indicación de curso pasado pero aínda así consideramos que non é suficiente. O inicio de curso adícase a un gran número de reunións, á preparación das aulas, expedientes, familias, non queda tempo suficiente para a elaboración das programacións. Cremos que a Administración pode ampliar un pouco máis, alomenos ata a metade do mes de outubro.
A Administración expón que habitualmente Inspección Educativa é flexible en canto a data de entrega das programacións.
Artigo 4.4. “A incorporación gradual do alumnado no cuarto curso da etapa á que se refire o artigo 4 da Orde do 30 de maio de 2023 non se prolongará máis alá de finais de setembro”. Consideramos que nos centros de ensino non poden primar as necesidades de conciliación sobre as pedagóxicas. 5 días de adaptación son totalmente insuficientes para organizarse en aulas numerosas, polo que solicitamos que o período poida prolongarse ata mediados de outubro segundo a situación específica de cada aula.
A Directora Xeral manifesta que considera que é unha maneira de conciliación e que a maioría dosalumnado non é o mesmo que hai anos e non necesita tanta adaptación.
Insistimos en que o profesorado de educación infantil nos traslada as dificultades que ten no inicio de curso para conseguir un clima de confianza e tranquilidade cando o grupo é grande. Apuntamos tamén que no rural non é o mesmo que nas cidades, os nenos seguen ao coidado dos avós.
Artigo 8. A administración salienta o carácter orientativo dos días conmemorativos, pero debería incluír un ou varios días de referencia para traballar a igualdade e dereitos do colectivo LGTBIQA+, ademais na orde tería que modificarse porque agora é LGTBIQA+ se refieren a Lesbiana, Gay, Trans, Bisexual, Intersexual, Queer, Asexual e +. Deixar sen fixar a data podería contribuír a que pase desapercibida e non estamos dispostos a dar pasos atrás nese sentido.
A Administración manifesta que non é necesario listar todos os días apropiados e que o anexo é orientativo e non supón unha listaxe pechada. Pensa en eliminar este anexo.
Artigo 11. Queremos que se nos aclare se as probas de diagnóstico se realizarán nesas datas ou se iniciarán, porque pode levar a confusión.
A Directora Xeral analizará a posibilidade de adiantar esas probas na ESO.
Artigo 12. Servizos complementarios. Manifestámonos en contra de que as necesidades de aforro no transporte escolar condicionen o horario dos centros por encima das motivacións pedagóxicas.
Artigo 15.6. sobre o horario do profesorado “non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia”, entendemos que isto debería aplicarse en calquer situación ao longo do curso. Hai un caso concreto de substitución de baixa larga nun CIFP no que un profesor sufriu unha modificación de horario que afecta a súa concicliación persoal. Pedimos que isto non se permita en ningún caso.
A Administración responde que é un caso illado que se ten que analizar pero que non engará nada nesta orde.
Rolda de intervencións:
- En relación co tema do apagón enerxético sufrido o pasado luns, e tal e como o comunicamos na nosa web, instamoa á Consellería a que tome nota das situacións de emerxencia polas que imos pasando para adiantarse ós acontecementos e evitar confusións. Pedimo que se elaboren protocolos de actuación ante situacións semellantes de incomunicacións.
A resposta foi que xa están mirando para a elaboración duns ítems para evitar estas situacións.
- Reiteramos as petición de ROC e a convocatoria de Atención Preferente.
Responde que o ROC é competencia de máis direccións xerais e que non o esquecen.
Informamos que, nunha reunión anterior falouse de unificar os baremos de todos os concursos polo tanto inclúese o baremo de Piale nesta unificación. Ademáis, este profesorado non formará parte de tribunais de oposicións por peticións dos sindicatos xa que supuña unha sobrecarga ao final de curso.