Sectores

Mesa previa á Mesa Xeral (31.03.2023)


LEI PARA A IGUALDADE EFECTIVA ENTRE MULLERES E HOMES DE GALICIA:

Dáse conta pola Administración do prazo aberto de alegacións, ata o vindeiro martes, ao borrador de anteproxecto pasa á súa negociación no ámbito da Mesa Xeral, logo das reunións previas mantidas coa Consellería de Emprego e Igualdade, competente na cuestión.

Nas reunións previas foron admitidas algunhas das alegacións realizadas polas Organizacións Sindicais, esperemos que no proceso de negociación que se abre agora se poda engadir cuestións que mellorarán sen dúbida a norma.

Podes consultar o borrador premendo no seguinte enlace: borrador do anteproxecto de Lei.

RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DO GRUPO V:

A Administración expón ao respecto das alegacións realizadas tres cuestións:

-Procedeuse a unha adaptación de postos por centros de idénticas características.

-Sobre as alegacións de postos particulares, non se van a aceptar ningunha máis posto que din que existen sentencias contraditorias, algunhas favorables e outras desfavorables, e non existindo uniformidade no criterio non se terán en consideración.

-Sobre a eliminación do Nivel 9, como mínimo, pasando todos estes a Nivel 10, esperan ter resposta para o vindeiro luns, cuestión que comunicarán por correo ás OOSS. En todo caso di que existen bastante probabilidade de que se produza ese cambio, e polo tanto que o nivel mínimo sexa o 10. En canto o teña confirmado por Orzamentos convocarase a Comisión de Persoal.

Intentarán rematar esta cuestión o antes posible para aprobar a RPT e proceder á funcionarización o 1 de maio.

OPINIÓN DE UGT:

Que non se estimen as alegacións de determinados postos particulares porque existen sentencias contraditorias, pode ser porque o que queda por realizar é unha homologación por tipoloxía de centros, solicitamos que se amplíe o estudio e revisión das anteriores funcionarizacións xeneralizando a homoxeneización.

Esperamos que a petición que formulamos en marzo de 2022 en base ao acordo apoiado por UGT da Comisión de Persoal de xuño de 2021 se cumpra con este colectivo e que non se funcionaricen no Nivel 9 se non no Nivel 10.

OUTRA INFORMACIÓN SOBRE PROCESOS SELECTIVOS E CONCURSOS:

PROCESOS SELECTIVOS:

o   Auxiliar de enfermería: finaliza a presentación de documentación o día 13 de abril, á seguinte semana elección de destino.

o   Traballo social: finaliza prazo de presentación de documentación o 25 de abril, prevese elección de destino na última semana de abril.

o   Educación social: finaliza presentación de documentación o día 3 de maio, procurarán que saia o antes posible a toma de posesión.

o   Persoal veterinario: debera saír entre hoxe ou o luns o baremo definitivo, con prazo para presentación da documentación ata o 10 de maio.

o   BBFF: hai no entorno de 400 alegacións ao baremo, que se intentarán resolver o antes posible.

CONCURSOS:

o   Finanzas: publicarase o baremo a semana do 10 ou do 17 de abril.

Iniciarase a negociación sobre o resto de concursos que pretenden coordinar cos procesos selectivos de estabilización.

INFORMA-T

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.