UGT inicia a campaña de baixada de rateo en febreiro de 2022, seguido dunha rolda de prensa en abril. A Consellería segue insistindo que non depende deles, e nós demostramos que si se pode modificar isto e moito máis.
Basta xa de excusas!!!
MENOS RATEO NAS AULAS
Véxase o logrado noutras CCAA por UGT:
- ARAGÓN: 22 nenos/as en Infantil e Primaria, 27 na ESO e 30 en Bacharelato e formación Profesional. (Acordo de 2015 que segue vixente).
- CANTABRIA: 20 alumnos/as na etapa de Educación Infantil, co compromiso do análise e estudo para a baixada de rateo en Educación Primaria. (Acordo do 27 de abril de 2022).
REDUCIÓN DO HORARIO LECTIVO
UGT reclama a redución de horario lectivo a menos de 25 horas en Infantile Primaria, e a 20 no resto de corpos.
Unha vez máis isto é posible e xa é unha realidade nalgunhas CCAA:
- NAVARRA: 19,5 horas lectivas en Infantil e Primaria; e a 18 horas no resto dos corpos.
- CANARIAS: 23 horas en Infantil e Primaria e 18 no resto dos corpos.
- LA RIOJA: 23 horas lectivas e xornada de 35 horas.
PERMISOS E LICENZAS
UGT segue coa solicitude de recuperación e mellora de dereitos en permisos e licenzas do profeorado.
Noutras CCAA avanzan e nós en Galicia estancamos:
- EXTREMADURA: Ano sabático, licenzas por estudos retribuídas, redución de xornada a maiores de 55 anos…
- ANDALUCÍA: lactación para os dous proxenitores.
- LA RIOJA: Redución de 2 horas para maiores de 55 anos e de 5 horas para maiores de 60.
Seguiremos loitando dende a Mesa Xeral e a Mesa Sectorial para que isto sexa unha realidade na nosa CCAA.
Cal é a razón pola que a Administración se nega sistematicamente a negociar esta demanda?
Por que en Galicia, os sindicatos non somos capaces de arrancar un acordo tan demandado polo profesorado e que noutras comunidades a UGT é capaz de acadar?
Co teu apoio isto pode ser realidade en Galicia tamén, axúdanos a que a UGT teña máis forza para logralo!
XUNTOS PODEMOS MÁIS!!!