Sectores

UGT espera acadar unha mellora das condicións de traballo do persoal de inspección turística (ATURGA)


UGT, presentou ante a Xerencia da ATURGA e a Dirección Xeral da Función Pública, unha serie de reivindicacións para atender as xustas reclamacións do persoal de inspección turística, fai máis de ano e medio.

 

As nosas propostas deberan reflectirse, no borrador de RPT que remitirá a Consellería da Presidencia, da que depende a ATURGA. Esperamos que o documento constitúa unha serie de melloras, reivindicadas polo seu persoal, en dúas situacións:

AS CARACTERÍSTICAS FUNCIONAIS E DE RESPONSABILIDADE AVALAN UN NIVEL 25 PARA A INSPECCIÓN TURÍSTICA

 

Dende o ano 2001 cando se modificaron, mediante o Decreto 40/2001 as súas funcións, reclamouse o incremento de nivel retributivo do actual 22 ao 25, conforme á responsabilidade, funcións semellantes a outros corpos de inspección da Xunta, pero tamén polas especiais condicións de traballo. Houbo promesas de afrontar a suba do nivel cando mellorase a situación económica, pero segue 19 anos despois nunha promesa permanente incumprida. Polo que, dende UGT esperamos que por fin se lle dea solución a está situación, pendente da súa negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos.

 

POSIBILIDADES DE PROMOCIÓN E CONCURSO:

                  

Na RPT, en vigor e a modificar, négase o acceso á totalidade das xefaturas de sección agás cinco delas (unha en cada provincia e unha en Santiago). Resulta un agravio inxustificado que o persoal do grupo C1 de calquera consellería poida acceder a calquera sección de ATURGA e os integrantes da inspección turística non, cando ó acceso á escala pode facerse por promoción interna desde o grupo C1.

Así mesmo, o acceso por concurso ás xefaturas de servizo está limitada as catro provinciais e unha central (esta de libre designación) cando antes da constitución da ATURGA no existía esta limitación. Por tanto, solicitase poder acceder á promoción e concurso en igualdade de condicións coa xusta valoración dos méritos, na seguridade de que as persoas integrantes desta escala teñen experiencia, coñecementos e funcións contrastados e habilitantes para o desempeño de calquera xefatura dentro da Administración turística. Polo que, dende UGT esperamos que por fin se lle dea solución a está situación, pendente da súa negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos.

UGT VALORA POSITIVAMENTE QUE SE NEGOCIE O RECLAMADO E SE PERMITA A SÚA ACTIVACIÓN NO MÁIS BREVE PERÍODO DE TEMPO

 

 

Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.