O martes 26 de abril celebarase a Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, sobre o Anteproxecto de Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021.
Tamén revisaremos a Resolución pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org