Sectores

Manifestacións en defensa da universidade pública

Manifestación en defensa da Universidade pública

 

En todos os campus á mesma hora. Así nos mobilizamos hoxe, en Galicia, en defensa da universidade pública. 

ourense univ pub 02 06 21Ás once da mañá repetiuse a mesma escena en todos os campus galegos: UGT Servizos Públicos, xunto cos demais membros da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, e co apoio dos estudantes universitarios, mobilizámonos en defensa da universidade  pública. 

O manifesto, directo e cargado de razón, apela ó «ataque contra a igualdade de oportunidades» que supón «mercantilizar un ben universal». 

Continúa explicando como se artella a proverbial trampa: » A Xunta, en vez de posibilitar a oferta de novas titulacións nas Universidades públicas, permítelle ofrecelas á privada, ou disfrazar con outro nome titulacións xa impartidas actualmente.»

Por último, o manifesto pronostica que «soamente poderá acceder un grupo de alumnado que economicamente poida pagar estes estudos, ou aqueles que recorran a un grande endebedamento.»

Sabemos que o ensino é a semente dun futuro que parece cada vez máis hipotecado. Seguiremos mobilizándonos para que a universidade non se venda!!!

 sant2 univ pub 02 06 21  pont univ púb 02 06 21  vigo univ púb 02 6 21  cor univ pub 02 06 21

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.