Acordo marco estatal pola mellora do emprego público e o servizo á ciudadanía
Acordo galego carreira extraordinaria e ordinaria
A 28 de novembro, a piques de rematar o ano 2025, nunha situación complicada acadamos desbloquear os incrementos salariais estatais básicos que dan continuidade ao acordo Administración século XXI e desbloquear o Acordo de convocatoria de carreira extraordinaria que dá continuidade aos dous Acordos precedentes coa Xunta de Galicia, así como CONTINUIDADE ANUAL DAS CONVOCATORIAS e o ENTRONQUE COA CARREIRA ORDINARIA.
UGT Servizos Públicos cumprimos co persoal empregado público, traballamos para saír da situación de conxelación salarial e suspensión de carreira, recuperar poder adquisitivo, 3,3% co Acordo estatal e 1,6% de media co Acordo de carreira, total 4,9%, tamén moi importante, aportar melloras no emprego avanzando en dereitos. AS COUSAS COMO SON
INCREMENTOS SALARIAIS: ESTATAL E GALEGO
INCREMENTO ACORDO ESTATAL: 11,0% è 10,5% fixo, 0,5 variable. RECUPERACIÓN DE 3,13 PUNTOS DE PODER ADQUISITIVO
Año 2025: 2,5% è retroactivo dende 1/1/2025 e consolidable (pago único: nómina adicional a decembro de 2025, pago primeiros días de xaneiro de 2026).
Año 2026: 2,0% è 1,5% fixo + 0,5% variable è si IPC de 2026 igual ou superior a 1,5% (as previsións apuntan o 2,0%), se abona no primeiro trimestre de 2027.
Año 2027: 4,5% è De xaneiro de 2026 a xaneiro 2027), os salarios públicos aumentan un 9%
Año 2028 : 2,0%
Só sumando salario base e complementos de destino (NON inclúe complemento específico nin trienios, nin carreira que tamén se actualizan, por grupos a ganancia media en euros será de:
| Grupos Subgrupos | A1 | A2 | B | C1 | C2 | E | |
| DIFERENCIA 2024-2025 | |||||||
| Paga do 2025 | 767,64 | 627,36 | 551,63 | 478,02 | 399,10 | 333,18 | |
| DIFERENCIA 2024-2027 | |||||||
| Ganancia en 13 meses (9%) | 2.841,72 | 2.322,42 | 2.042,07 | 1.769,57 | 1.477,42 | 1.233,40 | |
| DIFERENCIA 2024-2028 | |||||||
| Ganancia total (11%) | 3.512,66 | 2.870,76 | 2.524,21 | 2.187,38 | 1.826,24 | 1.524,61 | |
INCREMENTO CARREIRA ACORDO GALEGO
Año 2025: 35% è retroactivo dende 01/01/2025 e consolidable (pago único: nómina adicional a decembro de 2025, pago primeiro días de xaneiro de 2026).
Año 2026: 70%
Año 2027: 100% RECUPERACIÓN MEDIA 1,6 PUNTOS DE PODER ADQUISITIVO
As contías anuais pendentes de actualizar co incremento estatal do 2,6% de 2025 e cos dos anos sucesivos, son:
| Grupo Subgrupo (RDL 5/2015) | Importe anual | 2025 | 2026 | 2027 |
| A1/I | 2.787,00 | 975,45 | 1950,90 | 2.787,00 |
| A2/II | 1.950,48 | 682,67 | 1365,34 | 1.950,48 |
| B | 1.389,96 | 486,49 | 972,97 | 1.389,96 |
| C1/III | 1.257,96 | 440,29 | 880,57 | 1.257,96 |
| C2/IV | 1.067,76 | 373,72 | 747,43 | 1.067,76 |
| E (Lei 30/1984) Agrupacións Profesionais V | 862,68 | 301,94 | 603,88 | 862,68 |
MÁIS E MELLOR EMPREGO E DEREITOS
- Eliminación da taxa de reposición de efectivos para o cálculo das OEPs.
- Axilización e mellora dos procesos selectivos.
- Desenvolvemento de novas modalidades de promoción interna, que superen as tradicionais horizontal e vertical, sobre a base dos artigos 37 e 69 do EBEP. (proxectos piloto).
- Concursos de traslados permanentes e abertos.
- Revisar á alza no 2026 as indemnizacións por razón de servizo.
- Revisión e actualización dos programas de acción social.
- Servizos públicos, atención á cidadanía e emprego público.
- Igualdade e non discriminación.
- Saúde laboral, benestar e prevención de riscos psicosociais.
- Responsabilidade social nas Administracións Públicas.
- Formación e capacitación das empregadas e os empregados públicos en competencias dixitais e intelixencia artificial.
- Observatorio do Emprego Público.
- Comisión de seguimento do Acordo e grupos de traballo para o desenvolvemento das materias acordadas (emprego, dixitalización, igualdade e saúde laboral).
O Acordo non inclúe as cuestións pendentes do Acordo 2022-24, que se seguirán tratando de maneira específica nas comisións de seguimento de dito Acordo.
